A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, 12 anos facendo de Dumbría o epicentro
Malia que haia quen se quere apuntar os puntos dos demais (non é a primeira vez que a alcaldesa de Cee intenta saca rédito electoral de eventos deportivos promovidos por outras entidades e concellos), a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo quere deixar claro que é o Concello de Dumbría o seu punto de referencia na Costa da Morte.
De feito, o Ézaro xa acolleu unha proba autonómica e prepárase para unha estatal, acollendo ademais os adestramentos da Selección Galega Cadete durante estas semanas. Quixo aproveitar a visita á piscina municipal de Cee a rexedora para sacar a súa foto, obviando invitar ao Concello organizador deste evento, outro de tantos dos que se beneficia toda a comarca a nivel turístico e económico.
Van 12 anos dende a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia utiliza Dumbría como Centro de Tecnificación. Estas semanas acolle o Conco a concentración cadete galega agrandecendo ao Concello o seu apoio na promoción, colaboración e implicación con este deporte.
”A base central da concentración é o albergue municipal do concello de Dumbría, lugar idóneo para a realización da actividade dada a súa localización, características e facilidades”, recoñece a FESSGA. “O Ézaro trátase dun entorno magnífico para práctica deste deporte, especialmente nestas categorías base como a cadete que agrupa idades entre os 12 e 14 anos”, apunta.
Campionato estatal
Así, a FESSGA organiza unha concentración da categoría cadete, os días 29 ó 31 de xullo de 2024, onde participan 22 deportistas pertencentes a 9 clubes galegos, co obxetivo de mellorar e preparar o IV Campionato de España de Comunidades Autónomas que se disputará en Cullera (Valencia).
Os seleccionadores aproveitarán esta concentración cadete de Salvamento e Socorrismo , para convocar aos 12 deportistas que “IV Campionato de España Comunidades Autónomas Cadete” , que se disputará os días 27, 28 e 29 de setembro en Cullera, Valencia.
Como noutras ocasións o Concello de Dumbría, aporta os medios necesarios para que se organice este deporte nos seus areais, como xa se fixo a finais do mes de xuño, os Campionatos Galegos de verán de todas as categorías, agás a absoluta que se disputou na praia do Orzán, e que foi retransmitido integramente polas canles de Youtube para poder disfrutar deste deporte..