Xoves. 25.07.2024
El tiempo

A praia do Ézaro viviu a festa do Salvamento e Socorrismo Galego

Campionato Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro 3
Campionato Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro 3
A praia do Ézaro viviu a festa do Salvamento e Socorrismo Galego

Estreou o Ézaro o seu papel estival como epicentro deportivo. Fíxoo acollendo o Campionato Galego de Praia de Salvamento e Socorrismo nas categorías base, e volvendo convertir o deporte nun motor económico.

Porque foron 437 deportistas e un total de máis de 1000 persoas chegadas de toda Galicia as que pernoctaron na comarca, e seguro que moitas volverán.

Campionato Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro 2
Foto-Jorge Castro
Campionato Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Foto-Jorge Castro

As probas desenvolvéronse con total normalidade, e foron un total de 12 clubs participantes: Club Salvamento y Socorrismo Carballo – SYSCA, Club Acuático Umia, Club Salvamento Acuático Pontevedra – SAPO, P.C. Salvamento Sanxenxo, Club Salvamento Acuático Laracha – SAL, Club Natación Cerceda ,Club Salvamento Sada – SASA, Club Salvamento Arteixo – SALVAR , Club Natación y Salvamento A Estrada, Club Salvamento Vilagarcía Club Natación Santa Comba LB, Club Salvamento Ourense – SALVOUR.

Unha das imaxes do Campionato viviuse da man deste golfiño que parecía que parecía que quería participar e houbo que axudalo a ir para outra praia.

Golfino no Campionato Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Golfiño "participante" no Campionato Salvamento e Socorrismo no Ézaro-Foto-Jorge Castro

Podedes pasar pola canle de youtube da Federación de Salvamento e Socorrismo para ver a fermosa retransmisión, pero aquí vos deixamos algunha das probas:

Comentarios