A festa folk na Fin do Camiño busca cartel

A 27ª edición da festa Folk na Fin do Camiño será o vindeiro 19 de agosto A asociación Anchoa xa está a organizar a XVII festa Folk na Fin do Camiño que se celebrará o vindeiro 19 de agosto. Así, acaba de aprobar as bases da convocatoria do concurso do cartel anunciador e imaxe do festival. O concurso ten como obxectivo estimular a creatividade de artistas e deseñadores así como fomentar a difusión da imaxe do festival. Poden participar autores de calquera nacionalidade maiores de 16 anos admitíndose un máximo de dous carteis por autor. O premio é de 100€ e a data límite de presentación é o 26 de maio de 2017. O tema do cartel é de libre elección e deberá incluir o seguinte texto: XVII Festa Folk na Fin do Camiño. Anchoa (Fisterra). 19 de agosto de 2017. Os modelos estarán confeccionados en formato vertical, en A3 (42 cm x 29,7 cm). Admitiranse solo obras propias. Os participantes deberán enviar un correo electrónico a asociacionanchoa@gmail.com co asunto "Concurso Cartel XVII Festa Folk na Fin do Camiño". Deberá conter dous arquivos anexos; un coa arte final en formate PDF e outro co nome, apelidos, dirección, nacionalidade e número de teléfono. Tamén poderán envialo por correo ordinario a: Asociación Cultural Anchoa Avda. da Anchoa, 73. 15155 Fisterra (A Coruña). O fallo do xurado darase a coñecer o venres 2 de xuño.   Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)