A festa folk na Fin do Camiño busca cartel
08:13 04/05/17
A 27ª edición da festa Folk na Fin do Camiño será o vindeiro 19 de agosto
A asociación Anchoa xa está a organizar a XVII festa Folk na Fin do Camiño que se celebrará o vindeiro 19 de agosto. Así, acaba de aprobar as bases da convocatoria do concurso do cartel anunciador e imaxe do festival.
O concurso ten como obxectivo estimular a creatividade de artistas e deseñadores así como fomentar a difusión da imaxe do festival. Poden participar autores de calquera nacionalidade maiores de 16 anos admitíndose un máximo de dous carteis por autor. O premio é de 100€ e a data límite de presentación é o 26 de maio de 2017.
O tema do cartel é de libre elección e deberá incluir o seguinte texto: XVII Festa Folk na Fin do Camiño. Anchoa (Fisterra). 19 de agosto de 2017.
Os modelos estarán confeccionados en formato vertical, en A3 (42 cm x 29,7 cm). Admitiranse solo obras propias. Os participantes deberán enviar un correo electrónico a [email protected] co asunto "Concurso Cartel XVII Festa Folk na Fin do Camiño". Deberá conter dous arquivos anexos; un coa arte final en formate PDF e outro co nome, apelidos, dirección, nacionalidade e número de teléfono. Tamén poderán envialo por correo ordinario a: Asociación Cultural Anchoa Avda. da Anchoa, 73. 15155 Fisterra (A Coruña).
O fallo do xurado darase a coñecer o venres 2 de xuño.
Novas relacionadas
- Festa Folk 2016:
- Festa Folk 2016: Volve a festa folk na Fin do Camiño
- Festa Folk 2014: A Anchoa anuncia o irremediable fin da Festa Folk na Fin do Camiño
- Festa Folk 2013: A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra
- Festa Folk 2012: E a chuVia empapou a música
- Festa Folk 2011: A Anchoa sacou os cen pés a bailar
- Festa Folk 2010: A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo
- 2010: Máis de 30 bandas teñen pasado pola Anchoa: 11 anos traendo o mellor folk do país á Fin do Mundo.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])