Así é o novo goberno de Fisterra que se ratificará no pleno de hoxe sen o edil tránsfuga
Esta tarde de xoves 18 de setembro, ás 20:00h ten lugar unha sesión extraordinaria do pleno de Fisterra na que o PP dará conta da formación do novo goberno, xa recollido no BOP de hoxe.
A gran novidade é a falta do concelleiro tránsfuga, expulsado do grupo de Alternativa, que permitiu co seu voto a moción de censura para arrebatar o bastón de alcaldía a Áurea Domínguez (AV). O edil Tito Martínez Fraga, xa amosou a súa disconformidade tras coñecer que quedaría fóra do goberno, ameazando con votar en contra as propostas para as comisións ou outras mocións.
En canto á conformación do novo goberno, a Xunta de Goberno Local está formada polo rexedor Luís Insua, e cos tenientes de alcalde Susana Rodríguez Nemiña e o ex alcalde e José Manuel Traba. Traba levará ademais a área de Urbanismo e Obras; Susana a de Cultura, Patrimonio e Educación; Jenifer Suárez asumiraá Medio Rural e Pesca, e Manuel Canosa Trillo, Mobilidade e Seguridade.