Conta atrás para a volta Semana Santa de sempre

Procesion do Santo Encuentro na Semana Santa de Fisterra
Imaxe da Procesión do Santo Encuentro na Semana Santa de Fisterra de 2019

Co entroido aínda por chegar, Fisterra tamén pon a mente na Semana Santa. De feito, a Xunta de Confrarías xa puxo o temporizador en marcha, xa arrincou a conta a atrás para Semana Santa de Fisterra 2022.

Unha Semana Santa moi especial, pois despois de dous anos de procesións virtuais, os costaleiros e as virxes volverán á rúa, sempre respectando protocolos e medidas que estean en vigor chegado ese momento.

Estaremos atentos, porque este domingo ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas de Fisterra será a presentación do Cartel da Semana Santa.

Novas relacionadas