Conta atrás para a volta Semana Santa de sempre
              
    20:08 14/02/22 
            Co entroido aínda por chegar, Fisterra tamén pon a mente na Semana Santa. De feito, a Xunta de Confrarías xa puxo o temporizador en marcha, xa arrincou a conta a atrás para Semana Santa de Fisterra 2022.
Unha Semana Santa moi especial, pois despois de dous anos de procesións virtuais, os costaleiros e as virxes volverán á rúa, sempre respectando protocolos e medidas que estean en vigor chegado ese momento.
Estaremos atentos, porque este domingo ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas de Fisterra será a presentación do Cartel da Semana Santa.
Novas relacionadas
- Febreiro 22: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.
 - Marzo 2020: A Semana Santa de Fisterra máis anómala dos seus 700 anos de historia enganchou á xente pola rede.
 - Semana Santa 2019: As 10 cousas que te perdiches se non viñeches á Costa da Morte por Semana Santa.
 - 2017: Fisterra quédase pequena por Semana Santa.