Mércores. 24.07.2019
El tiempo

As 10 cousas que te perdiches se non viñeches á Costa da Morte por Semana Santa

Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra
Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra
As 10 cousas que te perdiches se non viñeches á Costa da Morte por Semana Santa

Pasa por ser a Semana Santa unha boa proba de lume para o sector hostaleiro da Costa da Morte. E parece que, un ano máis, a nota é bastante positiva. Foron moitos os epicentros turísticos, e por iso queremos facer un repaso das citas máis singulares.

Ademais da fe, en Semana Santa triunfa a artesanía feita moda, o patrimonio, a natureza, o produto local, e, como non, a gastronomía.

Mostra do Encaixe de Camariñas

Xa temos feito parada nunha Mostra de Encaixe marcada polo relevo xeracional que serviu de punto de chegada de m,ais de 21.000 visitantes durante estas datas, toda unha demostración de que a tradición e a vangarda poden maridar de marabill.

Modesto Lomba na Mostra do Encaixe

A Fervenza do Ézaro, éxito asegurado

A pesar de non poder realizar as sesións de iluminación nocturna, a fervenza do Ézaro é un dos puntos máis importantes de recepción de visitantes. Numerosos turistas de Euskadi, Madrid, Cataluña… e de toda Galicia, achegáronse durante toda a semana á enseada do Ézaro a disfrutar da cascada, e da súa contorna. Tanto a praia como os seus restaurantes estiveron aitegados e mesmo o Monte Pindo convertiuse nunha gran atracción.

Un dos elementos que máis medra na zona é o uso dos kaiaks. Esta ponte, a pesar do nordés reintante durante varios días, medio centenar de persoas disfrutaron das visitas guiadas e libres de AdventurEzaro.

Facendo kaiak no Ezaro

Semana Santa de Fisterra

Procesion do Santo Encuentro na Semana Santa de Fisterra
Imaxe do Santo Encuentro

Outro dos grandes focos de atracción é a Semana Santa de Fisterra. A cita máis devota, xunto por exemplo o Rosario da Boa Morte de Laxe, embarca a dous millares de veciños que se convirten en feligreses durante toda a semana.

Este houbo case máis xente que outros anos, pois ademais do tempo, o traballo da Comisión de Festas e da Xunta de Cofradías é espectacular. Este ano estrenouse a nova imaxe da Virxe, que levaba 18 anos sen saír, e que acompañou a representación o Domingo de Resurrección, sen dúbida, a gran cita. Unha réplica da imaxe do século XIII, feita en Sevilla por unha empresa especialista, que gustou moito a toda veciñanza.

O sector hostaleiro é o gran beneficiado desta Festa de Interese Turístico Galego (tamén o é a Mostra do Encaixe), se ben continúan os problemas cos aparcamentos.

A actuación da Panorama no marco das Festas do Cristo servíu de perfecto colofón.

Tamén en Coristanco celebrando unha boa Semana Santa de Santa Minia, implorando os seus favores para eliminar os males do corpo.

Semana SAnta Coristanco

Mostra Víndemo Ver Carnota

Produtos do Mar na Mostra Vindemo Ver de Carnota

Deixando a fe a un lado, Carnota aposta pola promoción do produto local. Unha quincena de expositores déronse na carpa demostrando a variedade de produtores (de artesanía, de gastronomía, de produtos de horta…) que ten o concello carnotán.

A feira foi un éxito tanto en asistencia como dos actos singulares, marcados polos showcookings e pola actuación de Sés, teloneada pola nosa artista de cabeceira, a Cuncheira Adhara.

Adhara and Ritman na Mostra de Carnota-Foto-Marcos Rodriguez
Concerto de Adhara&Ritman-Foto-Marcos Rodríguez

Showcooking na Mostra Vindemo Ver de Carnota
Showcooking

Posta en valor do Patrimonio en Laxe, Vimianzo, Cabana e Zas

Pepe Penabade fixo Vidal en Laxe

Máis que interesante o proxecto de posta en valor do Arquivo Vidal en Laxe. Esta Semana foi un dos principais focos de atracción da vila laxeira, con, entre outras actividades, con Pepe Penabade (na foto) facendo visitas teatralizadas dando vida ao Museo do Mar.

Visita teatralizada ao Castelo de Dombate

En Vimianzo e Zas apostan polo patrimonio, con visitas guiadas e teatralizadas ao Castelo de Vimianzo (arriba), o Castro das Barreiras (abaixo), a Ruta dos Dólmenes, os Batáns do Mosquetín ou as Torres do Allo.

Visita guiada ao Castro das Barreiras

Ademais, as cifras do Dolmen de Dombate foron moi positivas, pois o Centro de Interpretación recibiron 2.000 visitas, case o doble que o ano pasado, en parte gracias á chegada de medio mullar de [email protected] que facían a etapa do Camiño dos Faros.

Festa Congro en Muxía e Festa Marisqueira en Ponteceso

Festa do Congro en Muxia-Foto-Rafa Quintans

Non fallan as citas gastronómicas. As carpas de Muxía (a foto de arriba é de Rafa Quintáns) e Ponteceso (nas fotos de abaixo) enchéronse para celebrar estas citas con produtos da zona.

Carpa da Festa Marisqueira de Ponteceso cheaPaella xigante en Ponteceso

Comentarios