“As Crebas son tesouros”

Olaia Sendón e Silvia Penide

Na praia de Sardiñeiro, e co alumnado do cole da vila como público. Así de singular foi a presentación do novo album ilustrado de Olaia Sendón. A polifacética artista quíxolle devolver á vila fisterrá o que lle deu durante toda a súa vida, pero sobre todo durante o confinamento, e axudar a visibilizar a problemática de recortes que vive o centro educativo.

”A Crebeira Marabillas” naceu pois, nun día incrible (o que fixo o pasado xoves), cun entregado e preparado público. As familias, practicamente o pobo enteiro, estiveron implicadísimas na sesión e a rapazada traía preparado o conto. Ademais tod@s coñecían o que son as crebas, non como noutras zonas do país, e mesmo o pequeno Eteliño as definía á perfección: “son tesouros” berraba ás preguntas de Olaia, e a súa compañeira de escena, Silvia Penide.

Toca agora renovar o stock nas librerías da contorna, e ir pedirlle a un dos mestres do cole as chapas das “marabillas”, que son outros pequenos tesouros.

Foto: Iván Castro

Foto: Marcos Rama

Novas relacionadas