Venres. 04.10.2024
El tiempo

#RECORTES

“Do Areouta, non nos moverán”

Concentracion CEIP Areouta contra os recortes no porto
A manifestación da comunidade escolar do CEIP Areouta rematou no porto
“Do Areouta, non nos moverán”

Divertida e reivindicativa concentración e manifestación desenvolta pola comunidade escolar do CEIP Areouta de Sardiñeiro. Un centro que está a piques de vivir un novo recorte por parte da Consellería de Educación, que propón que @s 17 alumn@s de Primaria compartan unha soa aula e un só profe. É dicir, dos 6 aos 12 anos xuntos.

As familias percorreron a ritmo dos tambores e as cantigas, o treito que une o cole co porto de Sardiñeiro.

As pancartas colgadas no colorido valado do centro rezan pregarias como “se recortas en sanidade e educación, non tes perdón”, “con tanto recorte, das catro regras só imos aprender a restar”, “a educación é un dereito non un privilexio”, “se o rural queremos manter, aquí non veñades a joder”, ou “en tempo de coronavirus non me toques os fillos” dan conta do sentido da comunidade escolar.

A CIG apoiou a manifestación, lamentando que a Xunta entenda a “educación como un gasto e non un investimento, polo que amplía ratios, satura aulas e elimina postos de traballo”. “Este tipo de recortes afondan no desmantelamento dos servizos públicos no rural, chocando de plano coa propaganda e as medidas, en teoría destinadas a fixar poboación no ámbito rural, que a propia Xunta está a desenvolver a través doutras consellarías”, denuncian.

Concentracion do CEIP Areouta contra os recortes Mamatopa
A instagramer @mamatopa é unha das nais afectadas

Novas relacionadas

Comentarios