Venres. 26.04.2024
El tiempo

Olaia Sendón presenta o seu novo álbum ilustrado coa rapazada do CEIP de Sardiñeiro

marabillas-min copia
Capa do álbum ilustrado de Olaia Sendón
Olaia Sendón presenta o seu novo álbum ilustrado coa rapazada do CEIP de Sardiñeiro

Presentación singular a que se vai vivir este xoves na praia de Sardiñeiro. Escapando das clásicas presentacións, Olaia Sendón escolle á praia de Sardiñeiro como espazo, e aos nen@s do CEIP Areouta de Sardiñeiro como público. Faino para devolverlle a Sardiñeiro o que é seu, pois o álbum ilustrado que vai presentar naceu en Sardiñeiro. E tamén o fai para visibilizar a situación límite que vive un colexio que a Xunta quere pechar.

”A Crebeira Marabillas” é a nova creación desta artista polifacética, da que temos disfrutado do seu cine. Un álbum cheo de fundamento, baseado nas súas experiencias no areal fisterrán.

Novas relacionadas

Comentarios