Martes. 07.12.2021
El tiempo

Olaia Sendón presenta na fin da terra o seu novo documental, “Fisterra, carne de safari”

Olaia Sendón presenta na fin da terra o seu novo documental, “Fisterra, carne de safari”
Olaia capturando sons para Fisterra carne de safari-Foto-Manuel Sendon Olaia Sendón capturando sons para "Fisterra, carne de safari"-Foto-Manuel Sendon Fisterra Carne de Safari Cita máis que interesante este o domingo 27 as 22.00h na Praza da Constitución de Fisterra. A autora Olaia Sendón presenta na súa vila adoptiva un novo proxecto audiovisual, “Fisterra, carne de safari”. Unha ocasión, con entrada de balde, para ver unha interesantísima visión sobre o devir sociocultural e memorístico da vila do Cristo. Un traballo moi especial para Olaia. “O verán pasado facía duas cousas, unha curta e un neno, e ambos viron a luz en outubro, esa curta é “Fisterra carne de safari”, e ese neno é Xandre e a el van adicados os 30 minutos que dura.” ”Fisterra, carne de safari” é un “vídeo que orbita sobre o concepto de Fisterra como un territorio a habitar, a vivir, un espazo sobre o que construir unha memoria íntima e privada que nos axude a configurar unha identidade propia, explícanos a priopia autora. Ademais, o proxecto, un dos 6 proxectos pra curtas escollidos polo AGADIC dentro das axudas a talento do 2016) escolle veciños (Alexandre Nerium, Palmira Castro, Juan Creus....) e lugares (Arnela, Sardiñeiro, Calcoba, o Faro propiamente dito....) como eixo vertebrador do proxecto. “Os espazos e as personas convértense en contos que unha nai conta ao seu fillo por nacer, contos sobre os que se construe un imaxinario propio. por que o vídeo non é mais que este primeiro achegamento ao que serán os espazos da súa infancia, os lugares da súa identidade”.

Olaia volve á Costa

Non é a primeira vez que Olaia grava e estrea na Costa. En 2008 estreaba na punta da Barca “Os fabulosos irmáns” ante unha grandísima expectación. Posteriormente, en 2011 presentaba a A Casa de Lola de Andrés, no marco dun proxecto chamado “Costa difunta”, e tamén con Fisterra como protagonista, baseándose na necesidade de manter viva a memoria. a casa de Lola de Andrés from olaiasendon on Vimeo.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios