O Fisterra Blues Experiencie suma o rock e cambia de formato
Volve o Blues a Fisterra, pero este ano con algo de rock&rock. Serán a mítica banda Los Enemigos os cabezas de cartel dun festival cheo de novidades. Xa non participa o Concello, e é o Xacobeo o que patrocina un festival de dous días, e con entrada, organizado pola produtora Nordesía, que segue namorada da nosa terra.
O día grande, o sábado 18 de setembro, haberá concertos no campo de fútbol municipal de Ara Solis. Ademais da banda madrileña, tamén estará a galega Sés, co compromiso por bandeira, que de seguro saca a súa versión máis bluseira. Pechará o ciclo, ademais do DJ Mil, a espectacular banda que prepara Marcos Coll Blues Reunión, con Will Jacobs, Dorrey Lyles, Javier Vacas e Julian Vaughn.
Non faltará iso si, parte da esencia do festival: O Blues Abordo. Cruceros Fisterra volverá saír montado no blues polo Atlántico na mañá dominical. Ademais, para a sesión vermú dese mesmo domingo 19 de setembro, o Semáforo acollerá unha jam session chea de Conexións Atlánticas.
As enntradas á venda desde xa mesmo en enterticket.
Crónicas do Fisterra Blues Experience
- 2020: O blues bate ca pandemia.
- 2019: Fisterra xa sabe vivir e gozar o blues.
- 2018: A experiencia Blues afiánzase na fin da terra.
- 2017: Fisterra subiuse a bordo do Blues.
- 2017: Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”.