Martes. 20.08.2019
El tiempo

Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”

Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”
Javi Turnes en Fisterra Blues Experience Javi Turnes, tocando no Semáforo durante a presentación do Fisterra Blues Experience

Este venres 31 de xuño arrinca o Fisterra Blues Experience, unha novedosa iniciativa que parte de achegará á fin da terra numerosas bandas internacionais e nacionais, e que encherá a vila do Cristo de numerosas actividades paralelas, tales como obradoiros para toda a familia, artesanía, gastronomía… ou o máxico barco-blues…

Para ver como vén a cousa queremos falar co noso amigo Javi Turnes, filósofo e mestre no IES Fernando Blanco, que é o director artístico do festival. Un Turnes que xa estreou o blues da fin da terra tocando esta pasada fin de semana no espectacular escenario do Semáforo, e parece que a cousa saíu ben. “Foi fantástico, mesmo parou o vento, e enchíuse de xente. Foi unha sensación estupenda. Mira se foi ben, que ao promotor Jesús Picallo, encantoulle, e mesmo subiu ao escenario a tocar con nós, e creo que imos estar cada fin de semana deste verán tocando”, cóntanos moi contento Turnes.

Tendes todo o programa de concertos e actividades paralelas en isterrablues.gal, pero imos saber cales son as cousas que non nos podemos perder:

  • QPC: Pinta ben a cousa na fin da terra para esta fin de semana?

A cousa pinta moi ben. Moi boa onda, a verdade. Todos os músicos están encantados de vir aquí e noto un bo feedback da xente da zona. E precisamente queremos que sexa unha cousa enriquecedora para a zona. Queremos incorporar aspectos de convivencia entre os festivaleiros e os veciños, que vaia máis alá dos festivais habituais, de ai que haia unha programación extra para todos os públicos, para que as familias poidan facer cousas molonas cos seus fillos. Isto é basicamente un rollo educativo, que trata de ensinar a vivir a música e a festa dun xeito apacible, cheo de hospitalidade e fraternidade.

Noutras palabras, queremos traer un programa cultural á altura da paisaxe.

 
  • QPC: Ademais, nós preguntarémoslle aos amigos de 4gotas, pero dan bo tempo para a fin de semana, non?

Levo toda a semana cagado. Nunca mirei tanto o tempo na miña vida, pero parece que a partir do venres pola tarde vai vir bo tempo.

 
  • QPC: De todas as propostas que hai, que nos sinalas que non podemos perder nin de coña? O cruceiro a ritmo de blues? Algunha das dúas noites de puro blues ou das sesións vermús? Algún obradoiro?

Hai que pasar toda a fin de semana en Fisterra, pero imperdibles hai varias cousas. O Blues a Bordo, que terá 3 saídas: o venres ás 17:30h, e sábado ás 17:30 e 18:30h, cunah mestura de músicos que van estar no festival.
Outra das citas, claro será o concerto dos Bakin’Blues Band e de Lazy Lester, unha lenda do blues, para a noite do sábado, pero é que o certo é que o venres estará Greg Izor, unha das harmónicas máis coñecidas do mundo.

E despois queremos que a Praza da Constitución estea moi viva toda a fin de semana, para poder pasar todo o día nela a base de artesanía, obradoiros, merchandising, un pulpeiro…

 
  • QPC: Supoñemos que un dos momentazos será a actuación da Fisterra Blues Experience House Band? Quen a forma e como se xestou?

Estarán no barco blues, na noite do venres e na sesión vermú do sábado no porto. Falamos do mellorciño que hai do panorama madrileño de blues, Edu Manazas, Fernando Beistegui, os Irmán Bárez e Emilio Arsuaga. Teñoos liados dende xaneiro, porque a todos os coñecedemos de tocar con eles, pois colaboradores da Baking cando imos a Madrid e mesmo soen vir aquí de xira. Están encantados con pasar unha fin de semana na fin da terra.

 
  • QPC: e non faltán as jams, as repicochas blues?

Por suposto que non. Haberá unha jam o sábado na sesión vermú, na que participarán case todos os músicos do festival e contará coa presencia de varios alumnos da Escola de Música de Cee. E cada unha das dúas noites, despois dos concertos, a partir da 1:00h-1:30h, iremos tocar ao Boulevard.

 

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”

Outras novas

Fonte

Comentarios