#SemanaSanta

Fisterra ponse xa de Semana Santa

Sen tempo a dixerir o Entroido, como pasa sempre, Fisterra xa se pon o traxe de Semana Santa. A outra gran festa do ano na vila do Cristo, na que participa, directamente, case que a metade da vila, está declarada Festa de Interese Turístico Galego, e este pasado domingo tivo lugar xa a presentación oficial do cartel no salón de plenos do Concello.

As citas relixiosas comezarán o venres 12 de abril, coa Dolores, e non rematan ata o luns de Pascua, o día 22. Ademais, as Festas do Cristo terán lugar esa última fin de semana, facendo coincidir a devoción coa troula.

Comezou falando Antonio, en representación da Xunta de Confradías, contando como era o traballo que levaba a cabo a Xunta de Confrarías, as confrarías e todos os colaboradores que hai detrás para poder organizar a Semana Santa de Fisterra.

A continuación deuse paso a destapar o cartel, que como explicaba Antonio, representa o procesión do Santo Enterro, unha das procesións que máis xente acude a realizar as súas ofrendas e participar na procesión que remata ben entrada a madrugada.

Falou tamén a vicepresidenta da Xunta de Confrarías, Mari Paz, sobre o aspecto relixioso da Semana Santa de Fisterra centrándose en cada un dos pasos e cofradías que aparecen no cartel. Por último, tamén o Alcalde de Fisterra, dedicou unhas palabras de agradecemento a todos os fan posible que a Semana Santa de Fisterra siga crecendo e evolucionado cada ano sen perder a esencia da tradición de siglos que rodea a Semana Santa Fisterrá.

Novas do 2019

Novas da Semana Santa de Fisterra