#SEMANASANTA
Fisterra ponse xa de Semana Santa

Sen tempo a dixerir o Entroido, como pasa sempre, Fisterra xa se pon o traxe de Semana Santa. A outra gran festa do ano na vila do Cristo, na que participa, directamente, case que a metade da vila, está declarada Festa de Interese Turístico Galego, e este pasado domingo tivo lugar xa a presentación oficial do cartel no salón de plenos do Concello.
As citas relixiosas comezarán o venres 12 de abril, coa Dolores, e non rematan ata o luns de Pascua, o día 22. Ademais, as Festas do Cristo terán lugar esa última fin de semana, facendo coincidir a devoción coa troula.
Comezou falando Antonio, en representación da Xunta de Confradías, contando como era o traballo que levaba a cabo a Xunta de Confrarías, as confrarías e todos os colaboradores que hai detrás para poder organizar a Semana Santa de Fisterra.
A continuación deuse paso a destapar o cartel, que como explicaba Antonio, representa o procesión do Santo Enterro, unha das procesións que máis xente acude a realizar as súas ofrendas e participar na procesión que remata ben entrada a madrugada.
Falou tamén a vicepresidenta da Xunta de Confrarías, Mari Paz, sobre o aspecto relixioso da Semana Santa de Fisterra centrándose en cada un dos pasos e cofradías que aparecen no cartel. Por último, tamén o Alcalde de Fisterra, dedicou unhas palabras de agradecemento a todos os fan posible que a Semana Santa de Fisterra siga crecendo e evolucionado cada ano sen perder a esencia da tradición de siglos que rodea a Semana Santa Fisterrá.
Novas do 2019
- Fisterra recupera o trono dos Entroidos de Cee e Dumbría.
- O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
Novas da Semana Santa de Fisterra
- 2018: De procesión pola Costa da Morte, en imaxes.
- 2017: Fisterra quédase pequena por Semana Santa.
- 2016: O pobo de Fisterra xa está volcado coa Semana Santa
- 2015: Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa
- 2015: A Semana Santa de Fisterra colgou o cartel de completo.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.