Xoves. 23.05.2019
El tiempo

GALERÍA DOS ENTROIDOS DE RAFA QUINTÁNS

Fisterra recupera o trono dos Entroidos de Cee e Dumbría

Os da Charca no Entroido de Cee -Fotos de Rafa Quintans
Os da Charca no Entroido de Cee -Fotos de Rafa Quintans
Fisterra recupera o trono dos Entroidos de Cee e Dumbría

A Costa da Morte tivo unha nova axitada fin de semana de entroido. Cee e Dumbría consolídanse como importantes focos de atracción para os sábados e domingos de Piñata, acollendo un importante número de comparsas que fan moi atractivos os desfiles e concursos.

Sábado de Piñata en Cee

Broche final ao entroido de Cee co desfile e posterior concurso de comparsas que se celebrou este sábado no polideportivo municipal. Ata a bandeira estaba un pavillón para desfrutar das actuacións de tres participantes en categoría individual e de parella e dez comparsas, algunhas delas auténticas veteranas nisto do entroido, chegadas dende Muros, Fisterra, ou o propio Cee. A contía dos premios ascendeu a 4500 euros.

A gala estivo presentada por Fran Lago, e como novidade este ano participou unha comparsa da man de Aspadex.

O xurado tívoo realmente complicado e mostra delo foi a cantidade de tempo que tardaron en deliberar. Os grandes triunfadores da noite foron Os Trotamúsicos de Fisterra, que acadaron o primeiro premio, repetindo o ”título” do concurso fisterrán. Por detrás quedaron Rueirada de Louro, que levaban tres triunfos consecutivos.

A particupación completouse coa Trubisquiña de Vimianzo, Os da Charca de Fisterra, Candy Land, da Asociación Ximiela de Muros, Os Enjominados de Cee, e houbo tamén Accesits para Caretos pola inclusión (Aspadex), Os Rapacollóns de Fisterra, Mundo japonés da Ponte do porto e Costa da Caramiña, da Asociación do Cansorriño de Camariñas.

No certame de carrozas venceu a Rueirada, por diante de Candy land e Os da Charca. E como non podía ser doutro xeito, Rafa Quintáns levou o primeiro premio de disfraces coa súa espectacular Dama de Prata. O primeiro premio de Parellas repartiuse entre entre “El Bien y el mal” e o “Robokiño e Robokon”.

Rafa Quintans ganou os dous premios en Dumbria e Cee coa sua Dama de Prata
Rafa Quintáns levou doble premio esta fin de semana coa súa Dama de Prata

Cheo  no Entroido de Cee-Rafa Quintans

Xurado  no Entroido de Cee-Rafa Quintans
O xurado do Entroido ceenseOs Trotamusicos campions do Entroido de Cee-Rafa Quintans
Os Trotamúsicos foron os campións en CeeOs Rapacollons no  no Entroido de Cee-Rafa Quintans
Os Rapacollóns en CeeOs Enjominaos de Cee  no Entroido de Cee-Rafa Quintans
Os Enjominaos de CeeCaretos pola Inclusion de Aspadex no Entroido de Cee-Rafa Quintans

Domingo dumbriés

Raul presentador do Entroido de Dumbria
Raúl, director do Entroido de Dumbría

Xa é todo un clásico o domingo dumbriés para pechar o Entroido. Houbo friaxe pero a carpa estivo quente, e absolutamente chea, para acoller a todas as comparsas. Abriu a festa o de sempre, o armadanzas da casa, Raúl, que vestido de moteiro arrincou os motores da festa, dando paso á comparsa municipal, que non participa no concurso pero que volveu demostrar boas dotes para o baile.

Finalmente Os da Charca, que mesturan tradición con modernidade, levaron o primeiro premio. Os fisterrán tomaron a revancha tralos dous primeiros premios dos Trotamúsicos durante a semana, que tiveron que quedar no segundo chanzo do podio. Completaron o trío de campións os da Costa da Caramiña.

Ademais, o premio individual foi para… Rafa Quintáns, como non!

Cheo no Entroido de Dumbria-Foto-Rafa QUintans

A Costa da Caramina no Entroido de Dumbria-Foto-Rafa Quintans
A Caramiña no desfile de DumbríaLego no Entroido de Dumbria-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Comentarios