Unha imaxe de Fisterra, imaxe do Calendario xacobeo de Correos

Fotografía Fisterra_Alejandro del Castillo López

O grupo Correos vén de escoller unha imaxe da Fin do Camiño, da famosa bota do Cabo Fisterra, para ilustrar o seu calendario xacobeo de 2023. A imaxe de Alejandro Castillo está a chegar xa a 4.000 sitios de todo o mundo, gracias a que a entidade envía o Calendario a Asociacións nacionais e internacionais do Camiño, aloxamentos e institucións xacobeas.

A foto foi unha das escollidas a través do certame de correos, que tamén forman parte da exposición “Miradas Peregrinas” unha mostra itinerante que seguro remata o Camiño na comarca.

Novas relacionadas