Martes. 19.03.2024
El tiempo

“Queren quitar o carteiro de barrio”

  • Carteir@s de Carballo concéntranse en protesta ao cambio de modelo que está a facer Correos.
  • Correos responde: “Trátase de medidas organizativas internas que buscan a mellora da eficiencia e a calidade do servizo aos cidadáns, sen afectar ás condicións laborais dos empregados e empregadas da compañía”.

Concentracion de Carteiras Correos contra o novo modelo
“Queren quitar o carteiro de barrio”

Esta mañá de mércores 15 de decembro, @s Carteir@s de Correos de Carballo organizaron, apoiados pola CGT, unha concentración diante da unidade de reparto, situada na Rúa San Martiño. Unha protesta para alzar a voz contra o novo modelo de cartería que está intentando implantar Correos no Concello carballés, así como nunhas zonas da Coruña, Ribeira, Vigo ou mesmo algunhas unidades de Madrid ou Barcelona.

Este modelo provocaría “a desvinculación do carteiro de sempre” pois deixará de ter unha ruta concreta, e a súa mobilidade pasará a ser moito máis diversa. “Queren quitar o carteiro de barrio”, sinalan varios dos carteiros afectados. “Non vai haber ese contacto coa xente que temos co sistema actual “un barrio/un/ha carteiro/a” pois é esa relación estable e de coñecemento mutuo o que eleva a calidade no servizo postal".

A proposta principal é integrar dúas das zonas existentes noutras máis amplas. Este feito conlevará unha menor estabilidade no reparto, pois xa non estarán os postos de traballo asociados a unha zona concreta de reparto.

Recortes de persoal

Como todos estes procesos de cambio, por detrás hai interese no recorte de persoal. “Primeiro eliminan carterías e despois eliminan xente”, denuncian, unha vez que as prazas vacantes (xubilación…) desas zonas desaparecidas xa non terán que ser cubertas.
De feito, eses recortes xa chegaron a Carballo. Deberían ser 17 traballador@s a díua de hoxe, 8 rurais e 9 urbanos, pero dúas prazas do casco urbano xa foron eliminadas, unha por xubilación e outra que estaba libre que non se cubriron.

Explican que esta primeira fase afectan ao casco urbano, “pero seguro que lle vai tocar ao carteiro rural”. O que si deixan claro é que “iremos menos veces polo rural porque temos máis traballo”.

Dende a CGT denuncian ademais que “esta posta en marcha se leve a cabo sen facer un estudio asociado de riscos laborais pola modificación das cargas de traballo, e sen dar unha información previa á representación do persoal. Dende ese sindicato queremos calificar este cambio organizativo como “improvisación” e “chapuza”, e lamentamos que as vilas de Carballo e Ribeira sirvan como “laboratorios” de experimentos”.

Carteiros de Carballo en protesta

Potenciando a paquetería

Os profesionais entenden que dende Correos potencien a paquetería, un modelo que segue medrando, pero consideran que “deberían promocionalo pero non eliminar o que temos”. “Din que non hai cartas, pero ségueas habendo e moitas”.

Agora, nos centros de traballo cada vez hai máis espazo para paquetes, e cada día están máis acinados nas oficinas. “Cremos que están promovendo o modelo Correos Express, derivándolles traballo para que lle dean os números”, sinalan.

Comentarios