Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Correos ofrece un mapa do Camiño a Fisterra e Muxía

MAPA  Correos CAMINO FISTERRA Y MUXIA
Correos ofrece un mapa do Camiño a Fisterra e Muxía
Correos pon a disposición dos peregrinos que decidan facer o Camiño a Fisterra e Muxía o mapa "O Camiño a Fisterra e Muxía". A través dunha sinxela ilustración, o plano permite orientarse nas distintas etapas e situar lugares de interese turístico e cultural. A guía de Correos inclúe información e consellos en castelán e inglés, co obxectivo de que o seu camiño a Fisterra e Muxía sexa o máis completo e enriquecedor posible.

O mapa é gratuito e está dispoñible na oficina principal de Correos de Santiago de Compostela, situada en Rúa do Franco, 4, e nas oficinas de Correos de Negreira, Rúa Cachurra,11, Muxía, Praza Camposa, 2, e Fisterra, Rúa Coruña, 2, onde os peregrinos poden tamén selar o seu Credencial. Ademais a guía está dispoñible para descargarse en PDF na web www.elcaminoconcorreos.com, a web que a compañía dedica ao Camiño de Santiago con información sobre as etapas e servizos especiais para as distintas Rutas Xacobeas.


 

Comentarios