Milleiros de veleiriños arriban nas praias do sur da Costa
02 de abril de 2024 (07:35 h.)
O temporal de onte provocou a arribazón de milleiros veleiriños (Velella velella) en praias como as do Rostro (nas imaxes que nos manda Felipe Sar), Louro ou Carnota.
Un acontecimento normal en días de marexada que xa vivimos outros anos.
"Ao igual que as carabelas portuguesas non son medusas en sentido extricto. Teñen tentáculos debaixo da vela, pero neste caso non son perigosos para os humanos”, explican dende o CEMMA.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 24: Centenares de medusas urticantes invanden as praias de Bergantiños.
- Novembro 2019: Invasión de Veleiriños, e algunha caravela portuguesa, en Area Maior.
- 2017: Os Veleiriños invanden as praias da zona.