Milleiros de veleiriños arriban nas praias do sur da Costa

07:35 02/04/24
O temporal de onte provocou a arribazón de milleiros veleiriños (Velella velella) en praias como as do Rostro (nas imaxes que nos manda Felipe Sar), Louro ou Carnota.
Un acontecimento normal en días de marexada que xa vivimos outros anos.
"Ao igual que as carabelas portuguesas non son medusas en sentido extricto. Teñen tentáculos debaixo da vela, pero neste caso non son perigosos para os humanos”, explican dende o CEMMA.
Milleiros de veleiriños (Velella velella) apareceron hoxe en praias como as do Rostro (no vídeo que nos manda Felipe Sar), Louro o Carnota. pic.twitter.com/ZxoMVMykmf
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) April 1, 2024

