Centenares de medusas urticantes invanden as praias de Bergantiños

15:01 18/03/24
Tremenda a invasión que sofre a comarca das medusas ”Pelagia noctiluca”. Centos de exemplares xacen esta mañá de luns por toda a praia de Laxe. Ao longo da semana pasada tamén apareceron en areais de Malpica, con algúns exemplares de carabelas portuguesas, máis perigosas aínda.
Dende a CEMMA avisan de que todo este tipo de meduisas teñen células urticantes polo que producen picaduras e irritación na pel.
De cor parda, esta especie é tamén luminiscente na noite.