Olaia Sendón presenta o seu novo álbum ilustrado coa rapazada do CEIP de Sardiñeiro
14 de decembro de 2021 (07:39 h.)
Presentación singular a que se vai vivir este xoves na praia de Sardiñeiro. Escapando das clásicas presentacións, Olaia Sendón escolle á praia de Sardiñeiro como espazo, e aos nen@s do CEIP Areouta de Sardiñeiro como público. Faino para devolverlle a Sardiñeiro o que é seu, pois o álbum ilustrado que vai presentar naceu en Sardiñeiro. E tamén o fai para visibilizar a situación límite que vive un colexio que a Xunta quere pechar.
”A Crebeira Marabillas” é a nova creación desta artista polifacética, da que temos disfrutado do seu cine. Un álbum cheo de fundamento, baseado nas súas experiencias no areal fisterrán.
Novas relacionadas
- 2017; Olaia Sendón presenta na fin da terra o seu novo documental, “Fisterra, carne de safari”.
- 2008: “Os fabulosos irmáns” foron presentados con moita expectación na Punta da Barca.