Os maiores: os grandes protagonistas en Fisterra

Levamos unhas semanas nas que as novas que nos chegan de Fisterra son relacionadas cos activos maiores. I é que se xa os vimos encarando o seu sendeiro cara a vida, e os vimos tamén adictos ás novas tecnoloxías. Hoxe facemos outra nova, e doble, parada na vila do Cristo, para visitar aos maiores do envexable Centro de Maiores, ademais de ver como os maiores da Universidada de Maiores acaban o camiño na fin do mundo.

E o que facemos primeiro é visitar o Centro de Maiores, unha envexa en toda a Costa. Aló enriba, cunhas vistas á praia da Ribeira, á lonxa e ao Castelo, viven unha ducia de maiores.
7 habitacións dobles, un comedor, un salón, lavandería, cociña... e 2 enfermeiras, e un auxiliar, coidando a todos estes maiores coma se dos seus avós se tratasen. I é que precisamente, tanto as instalacións como o trato, son a envexa da zona, unha vez que hai maiores chegados de Cee, Corcubión, Toba, Muxía ou mesmo Ferrol.

O Camiño dos universitarios máis maiores

O pasado sábado, o Concello de Fisterra acollía a recepcion de máis de 50 persoas que realizaron o camiño desde Santiago a Fisterra. Fixóselle entrega da fisterrana por parte do concelleiro de cultura Santiago Insua e actuou o coro Adayeus.

Todos son membros da Universidade Senior, i é que saber, como o href="/articulo/fisterra/o-uso-das-novas-tecnoloxias-non-ten-idade/20120528061505070558.html">uso das novas tecnoloxías, non ten idade.

Os pequenos tamén queren protagonismo

Na tarde de onte fixose entrega no salon de actos do Concello de Fisterra dos diplomas do remate do curso de informatica aos nenos de Fisterra e do Ceip Areouta de Sardiñeiro de 6 a 13 anos. A mediados deste mes rematará os cursos da aula municipal destinado a maiores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).
  • Información e fotos de José Insua Traba.
  • Concello de Fisterra.