![Festa dos Maiores de Fisterra]()
Máis de 800 persoas disfrutaron o pasado domingo da Xuntanza dos Maiores de Fisterra. Un día cargado de festa e bo humor, nunha das citas máis importantes organizadas polo Departamento de Servizos Sociais e Cultura do Concello fisterrán.
O Pavillón municipal foi testemuña da diversión de centos de maiores da vila do Cristo. Un exquisito xantar, agasallos e un divertido baile fixeron que o día fose inolvidable para todos.
A xubilada de maior idade que participou na festa este ano foi
Ubaldina Santos, de 92 anos, e o xubilado
Manuel Redonda Marcote, de 93.
Como todos os anos, o alcalde José Manuel Traba fíxolle entrega dun ramo de flores na casa de
María Marcote Boullosa, a máis lonxeva de Fisterra e de toda Galicia. María cumpliu 109 anos....
Novas relacionadas
Fonte