Retoque retro trae a súa arte crebeira ao Bela Fisterra

Retoque Retro no Bela Fisterra

Despois de encher de arte crebeira o Faro Vilán, o colectivo Retoque Retro inaugura no Hotel Bela Fisterra a súa exposición
dentro da “Ruta dos Peixes e dos Faros”.

A inauguración será este venres ás 18:30 h, cando o hotel e centro cultural fisterrán reciba a este colectivo de artistas herculinos, que utilizan as crebas para facer arte. Desta volta, coa mostra itinerante Ruta dos Peixes e dos Faros, que se poderá visitar ao longo de todo o verán.

A exposición presenta unha selección de pezas creadas con plásticos recollidos nas praias galegas e transformadas en criaturas mariñas cheas de cor, humor e mensaxe. Como parte da proposta, ofrécese unha edición limitada de bolsas cun deseño exclusivo que reproduce algunhas das obras expostas. A venda destas bolsas contribúe a financiar o proxecto.


A Ruta dos Peixes e dos Faros levará esta proposta artística a espazos únicos do litoral galego como Stoupa, Camping de Lago, O Curbeiro, A Gavilla e o Acuario do Grove, ademais do Bela Fisterra.

Máis novas