sábado. 07.12.2024
El tiempo

O Hotel – Restaurante Balarés e o Bela Fisterra estrean os Premios de Turismo da Deputación

hotel Balares e Bela Fisterra premios deputacion
A familia do Hotel de Balarés e do Bela Fisterra recollendo os premios
O Hotel – Restaurante Balarés e o Bela Fisterra estrean os Premios de Turismo da Deputación

A Deputación da Coruña celebrou onte no Hotel NH Finisterre a I Gala de Turismo da Deputación, onde fixo entrega dos premios de turismo aos proxectos gañadores. Entre eles, dous proxectos da Costa da Morte como son o Hotel – Restaurante Balarés (Ponteceso) e o Bela Fisterra.
 Ademais, a entidade provincial entregou recoñecementos a Eu fun de vivo (San Andrés de Teixido, Cedeira), Nacional VI, e Casa Peto (Outes); e uns distintivos aos 8 xeodestinos da provincia e aos 2 entes de xestión das cidades de A Coruña e Santiago de Compostela,

Proxectos premiados

Un xurado composto polas técnicas de turismo de Carballo, Dumbría e Ames, Maite Parga, Ada González Fernández e Sonia Moure Oliveira respectivamente, e o profesor da facultade de turismo da Universidade da Coruña, Carlos Rodríguez Carro, foi o encargado de elixir ás propostas gañadoras nas cinco categorías.

Na primeira delas, mellor iniciativa de innovación e calidade turística, o xurado decidiu premiar ao Hotel – Restaurante Balarés (Ponteceso). Na segunda, mellor iniciativa de sostibilidade social aplicada ao turismo, a Bela Fisterra.
Na terceira, mellor iniciativa da posta en valor da autenticidade do territorio o premio é para o proxecto “Eu fun de vivo” de Sergio Muíño (Cedeira), de posta en valor sustentable de San Andrés de Teixido.
A cuarta categoría, o mellor proxecto de turismo emerxente, o premio é para “Ruta Nacional VI”, un ‘road trip’ pola histórica carreteira N-VI entre Madrid e A Coruña.
E, na última categoría, toda unha vida dedicada ao turismo, o xurado decidiu recoñecer a traxectoria de Dolores García, “Lolita”, cociñeira e copropietaria de Casa Peto (Outes).

Foto de familia dos Premios de Turimos da Deputacion
Foto de familia dos Premios de Turimos da Deputacion

Todos eles recibiron unha peza de Jorge Eiroa que consistía nun nó, que significa conexión, vínculo, forza, en representación do sector turístico, que traballa unido e forte, creando unha oferta competitiva e que poña en valor conceptos como a sustentabilidade, a defensa do territorio e a cultura e a identidade.

Comentarios