O Semáforo, un perfecto exemplo da posta en valor do patrimonio marítimo-costeiro

Roman Rodriguez con Jesus Picallo de Visita ao Hotel Semaforo de Fisterra vendo un mapa de Pepe de Oleghario

Hai exemplos e exemplos da posta en valor do patrimonio marítimo-costeiro para manter viva a cultura mariñeira galega e tamén para potenciar o seu aproveitamento con usos turísticos. E o Semáforo de Fisterra é un dos que mellor o simboliza.

Así o destacou esta semana conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na súa visita ao hotel. Acompañado de Jesús Picallo visitou as instalacións e tomou nota da decoración, que conta, por exemplo, cos míticos mapas de Pepe de Oleghario. Detalles que mantén a historia viva e ás súas lendas.

Novas relacionadas