Martes. 17.09.2019
El tiempo

O Semáforo suma un novo certificado de excelencia: o selo Galicia Calidade

O Semáforo suma un novo certificado de excelencia: o selo Galicia Calidade

Non deixa de recoller recoñecementos a familia Picallo. Despois do Premio á Promoción Turística da revista Ejecutivos, e ca Q de Calidade asegurada, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de entregarlle ao Restaurante do Semáforo de Fisterra o selo selo Galicia Calidade.

O hotel fisterrán engade esta marca de calidade xunto cos restaurantes A Tafona (Santiago de Compostela) e Paprica (Lugo), sendo así un dos 110 establecimentos certificados en Galicia.

A Xunta destaca “a transformación dunha antiga sede de vixilancia nun hotel delicatessen e restaurante con encanto, decorado con produtos galegos gourmet”. Valora ademais “a súa ampla oferta gastronómica centrada nos produtos de Galicia, baseándose nunha cociña de mercado e de tempada, que recupera pratos tradicionais da zona de Fisterra baseados en produtos coma o longueirón, lumbrigante, berberechos ou as ameixas”.

Novas relacionadas

Comentarios