Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Solpor da fin do mundo colle significado científico e amósase ao mundo

Solpor dende o Semáforo
Un clásico solpor dende o Semáforo que disfrutamos sempre nas redes de QPC
O Solpor da fin do mundo colle significado científico e amósase ao mundo

Os que nos seguides nas redes sociais xa tendes disfrutado do no solpor dende o Semáforo de Fisterra. Para espallalo ao mundo chega o proxecto Solpor, desenvolto por Wireless Galicia en colaboración con Luzlux, no marco do Teu Xacobeo. Un proxecto que será presentado este sábado 18 ás 13:00 no Hotel o Semáforo, da man de Jorge Mira, catedrático do departamento de física aplicada da USC, Jesús Picallo, xerente do Hotel O Semáforo de Fisterra e Xurxo Cegarra, socio fundador de Wireless Galicia.

Trátase de poñer en valor o solpor, e levalo ao mundo a través da súa retransmisión en directo polas redes sociais, coa idea de poñer en valor toda a ciencia que engloba este singular fenómeno que na Costa da Morte, na fin da terra, cobra un sentido especial.

Para iso ubicaron un conxunto tecnolóxico no Semáforo, que retransmitirá o solpor en directo, e para ir facendo pezas audiovisuais de máxima calidade en formato timelapse, con idea de facer un arquivo audiovisual.

Para iso “tivemos que resolver problemas de comunicación, pois no Faro chega un ADSL que non dá. O Concello máis cercana con fibra é Carnota, e de contado se animou a colaborar e nos ceden unha fibra que liga co Semáforo a través dun radioenlace”, explica Cegarra sorprendido da mala calidade das comunicacións nos territorios esquecidos.

Ademais, a idea é aproveitar todo o que se escrito e estudado sobre o solpor a nivel cientifico. E quen mellor que Jorge Mira para facelo. O físico baiés clarexará como evoluciona o solpor na comarca, como é o equinocio, os solsticio… mesturando a maxia e a emoción coa ciencia.

Varia fases

Dando continuidade a esta primeira iniciativa e ao abeiro da 2ª edición do mesmo programa, arranca no 2021 o proxecto Solpor 4.0, cun novo punto de observación no Albergue Seminario Menor en Santiago de Compostela, situado no alto do barrio de Belvis, que ofrece marabillosas vistas do centro histórico de Santiago e da catedral, un dos lugares mais emblemáticos da cidade no que observar a posta do sol.

E “a idea é seguir sumando máis puntos onde ver o solpor”, explica Cegarra.

Comentarios