Rescadatas dúas persoas tras incendiarse a súa embarcación a 1 milla do Vilán

09:19 27/09/25
Os dous tripulantes da embarcación muxiá Virgen Guadalupana tiveron que ser rescatados na tarde deste pasado venres, arredor das 18:30h, tras sufrir un incendio a bordo.
Dúas embarcacións de Camelle e a Salvamar Altair, a embarcación de Salvamento Marítmo con base en Camariñas, saíron ao rescate dos dous tripulantes, que agardaban na chalana auxiliar, e que puideron ser traídos a porto.