Unha charla para dinamizar o agro de Fisterra
30 de maio de 2013 (09:15 h.)
A Asamblea Local do BNG de Fisterra vai realizar esta fin de semana unha Xornada no marco do seu programa de dinamización económica “Fisterra por Mar e Terra”. A cita celebrarase o vindeiro sábado 1 de xuño, na Escola de Vilar ás 19.30 da tarde e que tratará sobre emprendemento e aproveitamento sostible no rural.
Consistirá nunha charla-debate na que se compartirán diferentes experiencias innovadoras e información sobre o desenvolvemento e a problemática no rural galego e sobre todo, fisterrán. Na mesa redonda, contarán con diferentes especialistas:
- Un representante da FRUGA, que falará sobre a Alianza Rural Galega, e as diferentes axudas e problemáticas do campo.
- Un representante da Asociación do Porco Celta que disertará sobre as posibilidades das razas autóctonas e mercado, visto dende a súa experiencia.
- Un labrego que está levando a cabo unha iniciativa local de recuperación de hortas improdutivas e posta en valor das mesmas con acordos de cesión cos propietarios (explotación destinada a produción hortícola con destino á venda de proximidade en mercados e clientes fixos).
- Un especialista falará sobre a campaña Terra e Mar, tocando temas sobre distintas razas autóctonas que poden ter cabida en explotacións pequenas e familiares, apicultura profesional, a conversión da hortifruticultura cara modelos de distinción (ecolóxico...), e a importancia no coñecemento e control da cadea de produción e comercialización ata as redes de venta (minoristas e maioristas).
- E unha reresentante do BNG, que nos explicará como se defende e impulsa este tipo de iniciativas desde a nosa organización.
A charla, como non, rematará en debate.
Novas relacionadas
- Os Grupos do BNG de Corcubión e Fisterra completan as súas listas con xente da casa.
- O BNG de Fisterra propón ideas para revitalizar o agro e a pesca.
- O BNG de Fisterra lanza unha campaña de revitalización económica.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.