Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os Grupos do BNG de Corcubión e Fisterra completan as súas listas con xente da casa

Os Grupos do BNG de Corcubión e Fisterra completan as súas listas con xente da casa
Xan Carlos Sar, á esquerda, e Susana Trillo son os novos edís dos BNG de Fisterra e Corcubion ocupando as prazas de Modesto Fraga e Oscar Insua

Goretti Sanmartín Rei, Secretaría de Implantación e Estratexia Municipal do BNG acudiu o sábado a Corcubión para presentar as novas caras dos Grupos municipais de Corcubión e de Fisterra, após dos cambios das ultimas semanas.

En Corcubión, a anterior Responsable Local, Susana Trillo pasa a ocupar o posto de concelleira que deixou libre o anterior voceiro Oscar Insua. Pola súa parte, o compañeiro Xabier Paz farase cargo da portavocia municipal do BNG. Estes dous cambios súmanse así ao de novo Responsable Local que ocupa, dende fai un mes, o compañeiro Paulino Castiñeira.

Por outra banda, en Fisterra, e trala marcha de Modesto Fraga, Xan Carlos Sar Oliveira pasa a ocupar o seu lugar no pleno fisterrán. Dito troco leva consigo tamén que Germán Martínez Traba pase a ocupar a portavocía, namentres, Paulina Mouzo continúa ao fronte da organización coma Responsable Local.

Germán Martínez, Goretti Sanmartín, Serxio Domínguez, Xan Carlos Sar, Susana Trillo e Xabier Paz no local do BNG comarcal en Corcubión

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios