Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra propón ideas para revitalizar o agro e a pesca

O BNG de Fisterra propón ideas para revitalizar o agro e a pesca
Susana Trillo Serxio Dominguez e German Traba presentando a campana

O pasado venres, presentouse en Fisterra a campaña de revitalización económica “Fisterra por Mar e Terra”, un conxunto de accións que o BNG fisterrán prantexa para a posta en valor dos sectores productivos e a divulgación- información sobre o emprendemento sostible.
O acto empezou ás 18h. da tarde coa visita da eurodeputada Ana Miranda á lonxa de Fisterra acompañada por varios membros da Asamblea Local de Fisterra e o concelleiro Germán Martínez.

O concelleiro Germán Martínez foi o encargado de presentar aos ponentes. En primeiro lugar a Martiño Nercellas, biólogo e militante do Bng de Fisterra e encargado de explicar en que consistirá a campaña que se prolongará durante todo o ano, e se basea en darlle información e ferramentas aos interesados en emprender ou mellorar en calquera deses sectores (agrogandeiría, horto-fructícola, forestal, pesca, marisqueo…). Do que se trata é de aproveitar e mimar os sectores primarios como unha saída sostible e digna á crise económica que padecemos e en harmonía coa natureza. Asimesmo informou de diferentes tipos de axudas e subvencións que están agora mesmo en vigor (no referido ao agro) e das que a administración non dá a publicidade adecuada quizais para vendenderllo “a amigos ou sobriños”, e que esa falta de transparencia dá lugar a fraudes como a das axudas ao forestal que se vén de descubrir na comarca de Soneira. As xornadas de traballo consistirán, explicou, en mesas redondas, charlas con especialistas, visita a explotacións e intercambio de experiencias, presentación de mocións (como a que se debate no pleno de hoxe, esixindo ao concello que poña ao dispor dos interesados a información sobre as axudas), elaboración e estudo de plans de explotación de algas, anémonas, vieira. Aínda que a maioría das actividades están pechadas e listas para levar a cabo, as xornadas están abertas a novas ideas no camiño de revalorizar e crear emprego sostible.

Seguidamente tocoulle a quenda á eurodeputada Ana Miranda que felicitou ao BNG de Fisterra pola iniciativa e comunicou a intención de exportar a idea a outras asambleas locais do resto do país. Foi a encargada de explicar o traballo feito polo BNG no parlamento europeu no referido á defensa dos sectores productivos galegos.

Para concluir o acto houbo unha ampla rolda de intervencións, onde varios asistentes, mariscadores e mariñeiros, fixeron preguntas e expuxeron problemas e propostas, organizándose así un intercambio de impresións. Dada a importancia e o interese que suscitaron as reflexións e as propostas que saíron do debate, acordouse que a asamblea local de Fisterra organizaría unha segunda xuntanza co sector para recoller todas as inquedanzas e problemática que nos preocupa e intentar darlle traslado ás administracións competentes, ben mediante mocións, preguntas ou inciciativas, no concello, ou nos diferentes parlamentos (Xunta, Estado, Europa).

Pleno de onte

Informa ademais o BNG sobre o pleno de onte, martes 9 de abril ás 12:00h. Un pleno que o BNG comezaba protestando porque "a convocatoria dos plenos nunca se fai en tempo e forma regulamentarios".

O BNG presentaba ata 7 mocións, das que varias saíron aprobadas por unanimidade, como a que insta ao goberno local á ubicación dunha oficina de atención ao cliente por parte de gas natural unión fenosa, a que promove a dinamización do sector agrícola, gandeiro e forestal, encadrada no marco da campaña "Fisterra, por mar e terra".

Pero o PP botou abaixo varias mocións, como a de "Non á mina en Corcoesto", considerando o grupo de Goberno que o PP de Cabana está mellor informado; ou a da retirada do anteproxecto de lei da reforma local; a da derrogación da lei de taxas xudiciais; a moción prol da cultura galega que se ve desmantelada coas "nefastas políticas do PP".
Unha pasou por inacción do resto de grupos pois con 8 abstencións o concello pedirá un informe das actuacións do plan CAMGAL de prevención de contaminación da bahía e o seno de corcubión, e da prevención de sinistros de buques contaminantes (casón, prestige, etc..).

Posteriormente o PSOE presenta 2 mocións; unha en contra do repagamento nos comedores escolares, que conta co apoio do BNG pero que foi rexeitado polo grupo popular porque entende que non existen comedores escolares en Fisterra, e outra a prol de instar ao goberno local para que presione a dirección da RTVG e da RTVE para que de novo apareza no mapa do tempo o Cabo Fisterra que é aprobada por unanimidade.

Ademais o pleno aprobaba a moción dea poio aos afectados polas Preferentes e deuse conta de que a Biblioteca de Fisterra está a piques de abrir.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra

Comentarios