Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra lanza unha campaña de revitalización económica

O BNG de Fisterra lanza unha campaña de revitalización económica
Susana Trillo Serxio Dominguez e German Traba presentando a campana

"Ante a pasividade e nula iniciativa por parte do goberno municipal no referido a políticas de emprego e revitalización económica, o BNG de Fisterra vén de acordar a posta en marcha dun plan para a dinamización dos sectores productivos no noso concello". Así explican dende o grupo da oposición a súa campaña, anual, en solitario baixo o lema "Fisterra, por Mar e Terra" que tentará "poñer en valor e informar sobre as posibilidades de emprendemento sostible no sector agrícola, gandeiro, forestal e do mar no Concello de Fisterra".

A primeira actuación desta campaña é a presentación dunha moción para instar ao goberno local á organización, con carácter inmediato, dunhas xornadas informativas nas que poñer en coñecemento aos interesados das axudas dispostas nos fondos da Política Agraria Comunitaria, moción que se debaterá no vindeiro pleno do mes de abril.

A presentación da campaña será o vindeiro venres 5 de abril, coa visita da eurodeputada Ana Miranda á lonxa de Fisterra e unha conferencia na que explicará a postura e o traballo do BNG en Bruxelas a respecto destes sectores e na que daremos conta das actividades que se levarán a cabo: mesas redondas sobre agricultura ecolóxica, información sobre axudas, charlas con especialistas e profesionais dos sectores; visitas a explotacións coas que compartir experiencias, estudo dun plan de algas, anémonas e vieira, etc.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Fisterra.

Comentarios