Unha nova licencia anulada na Anchoa por ser outorgada de forma irregular

Levaba 10 anosen litixio. Pero segundo vén de confirmar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a licencia municipal que recibirá o Grupo L para construír esta urbanización de 50 vivendas na recta da Anchoa de Fisterra, foi outorgada de xeito irregular. Unha decisión irrecurrible tras desestimar os recursos do Concello, da empresa e da comunidade de veciños.

O caso é que a licencia foi outorgada en 2004, sen ter o saneamento en funcionamento, un clásico na Anchoa, que se levantou nos tempos da burbulla coa políítica do “ti vai facendo”, a pesar de non estar en solo urbano consolidado. De feito, a día de hoxe aínda a zona non ten unha depuradora, fixada, tempo despois, para finais de 2015.

Fala o auto, e cómpre salientalo, que a edificación “rompe ca armonía da paisaxe”, en contra dos principios da LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística).

Veremos agora que acontece, pois o alcalde, un dos grandes culpables de toda esta desfeita urbanísitca (é alcalde dende o 2002), aínda quere utilizar o PXOM como bala para evitar o derribo destas moles urbanísticas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • La Voz.