Venres. 19.04.2024
El tiempo

A construtora L-TRES defende as súas urbanizacións na Anchoa

A construtora L-TRES defende as súas urbanizacións na Anchoa

Temos falado das últimas paralizacións de obras na recta da Anchoa, que ata chegou ao Parlamento. E unha das afectadas foi a construtora L-TRES. Hoxe falamos cos responsables da empresa que sinten como unha campaña política está manchando o seu nome.

I é que malia que a empresa recibira no seu día ordes para paralizar 3 das súas urbanizacións, estas xa contan con todos os papeles en regra. En todo caso, a anulación da licencia debeuse á falta de saneamento cando o Concello outorgou as mesmas.

Con todo, dende a construtora lamenta que Fisterra e a Costa da Morte saian nos xornais por esta clase de circunstancias. Para os responsables, "isto foi unha moi mala e daniña campaña política do PSOE, na que os únicos prexudicados son o pobo de Fisterra". E queren deixar claro que esas urbanizacións nunca van ser demolidas, e que ademais, a súa empresa non está vencellada a ningún partido político.

Obra a obra

De feito, a urbanización que vemos na foto, de 30 vivendas, xa conta coa licencia unha vez que os tribunais deron a razón ao Concello e a licenza non se anulou. Agora a obra está paralizada por mor da crise, pero non por aspectos legais.

Noutra das obras de 76 vivendas, os tribunais tamén deron a razón ao Concello en canto á licenza de obras. Aquí, o que anulan é a licenza para instalar a pista de pádel e a piscina, cuestión que terá solución ben xudicialmente ou ben descartando a pista de pádel e a piscina.

Na terceira urbanización, de 18 pisos, os tribunais anularon a licenza xa o ano pasado por non ter rede de saneamento no momento de conceder a licenza. Segundo a construtora "non ordenan a demolición do edificio e dado que non hai problemas de altura, nin de incumprimento de metros ou proximidade ao mar ou calquera outro motivo que obrigase a demoler o edificio para que cumprise coa legalidade. Dende a empresa xa nos puxemos a legalizar o edificio posto que a rede de saneamento xa existe e ademais creo que a recepción realizarase esta semana".

Así, destacan que "polo tanto non temos ningunha obra paralizada polos tribunais, nin ningunha obra na que sexa necesario demoler para cumprir coa lei vixente, senón todo o contrario, as nosas promocións foron as únicas miradas de arriba abaixo e só está pendente a obra de 18 vivendas. De 124 pisos só 18 están pendente de que se recepcione a rede de saneamento para que se proceda a legalizar o edificio".

Novas relacionadas

Outra información

Fonte

Comentarios