As urbanizacións ilegalizadas da Anchoa chegan ao Parlamento


A portavoz de infraestruturas do BNG, Teresa Táboas rexistrou unha iniciativa ao fin de preguntar ao Goberno galego sobre a posible legalización de urbanizacións “ilegais” en Fisterra.
A deputada do BNG tamén quer saber se o conselleiro Agustín Hernández respectará as 6 sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que declarou ilegais no concello de Fisterra, “edificacións produto da especulación urbanística”.
Táboas asegura que dende o ano 2002, na Costa da Morte as novas edificacións para vivenda incrementáronse no 444% das cales a gran maioría son segundas residencias.
A deputada considera que a construción destas edificacións manteñen o mesmo perfil que as de Barreiros ou a Mariña lucense, e dicir, construír sen os servizos básicos e outorgando licenzas ilegais.
Novas relacionadas
- 26-04-11: 6 novos edificios da Anchoa son declarados ilegais.
- 19-10-10: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 25-09-10: Anulan a licencia de dous edificios na Recta da Anchoa .
- 27-03-09: Anulada a licencia dunha obra da recta da Anchoa.
Outra información
- A Casa de Lola de Andrés, un documental de Olaia Sendón sobre a especulación urbanística en Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.