Xoves. 28.10.2021
El tiempo

​"Volver a ver rodar o balón na Costa"

MC do Baio Javi do Soneira e Charro do Ponteceso
Falamos con MC do Baio; Javi do Soneira e Charro do Ponteceso
​"Volver a ver rodar o balón na Costa"

”Volver” non é a película de Almodóvar, e moito menos a ranchera de Vicente Fernández. "Volver Volver", o que de verdade esperta a paixón é volver a ver os equipos costeiros xogando ao fútbol, confiando que non surxan máis inconvintes, este ano si arrancará a 1ª Galicia, e falamos con tres cracks que representan algún de esos equipos como Martín MC, Javier Souto e Charro. Baio e Soneira son equipos xa asentados na categoría e que buscan dar un pasiño mais, o Ponteceso será o recen ascendido pero xa con experiencia na categoría.

  • 1.- Xa hai fecha de inicio de tempada, ilusión ou incerteza?.
  • 2.- En todo este parón, adestraches en solitario ou será empezar de novo canda o equipo? Excepto Martin claro, que estuvo cedido no Arteixo e por suposto sen opción de compra.
  • 3.- Xa sabes cómo será esa primeira celebración de novo tras marcar un gol?
  • 4.- No fútbol profesional actual parece que os equipos físicos son os que están gañando terreo os técnicos, cres que no amater vai ser igual?
  • 5.- Que esperas da tempada?

Martín MC

- 1. A verdade é que para todos nós foi unha ilusión porque agora parece que por fin vai para adiante, e gracias a ter data de inicio podemos empezar adestrar que a verdade é que se bota moito de menos.

- 2. Tiven a sorte de poder adestrar o ano pasado a pesar da lesión a min doume a vida poder competir porque disfruto moito tanto do entrenamiento como do partido. Si que cando estivemos parados sempre fun de facer cousas en solitario para chegar o mellor posible.

- 3. Si , é algo que teño clarísimo, o destino quixo que o primeiro gol que lle dedicara a Daniela (a miña filla) fora coa camiseta do Baio e vai ir para ela. Estou desexando que veña vernos a verdade!

- 4. Creo que cambiou moitisimo a mentalidade e a maioría quere estar ben fisicamente e por eso creo que nestas categorías tamén vai ser cada vez máis físico.

- 5. Creo que temos un bo equipo, uns bos entrenadores e unha boa directiva, normalmente somos un equipo que pode dar a mellor versión e a semana siguiente a peor, espero que seamos mais regulares e podamos disfrutar de un ano bonito.

 PCR en Baio
Así foi a volta ao Platas Reinoso esta pasada fin de semana da familia do CD Baio

 

Javi Souto

- 1- Si. Parece ser que a liga comeza polo mes de outubro. Sempre fai ilusión voltar ao campo, sobre todo cando tes a sorte de compartir campo cos teus amigos. Non só polo fútbol en si, senón por todo o que engloba: Risas, compañeirismo, ceas de clube, etc. Así que feliz por voltar.

- 2. Debido á miña profesión e preparar a oposición non me daba tempo a adestrar coma antes. De feito decidín non xogar en ningún equipo á tempada pasada por mor do COVID e a incompatibilidade co laboral. Aínda así é certo que non abandonei o comer sano e saír algúns días a correr para non perder bos hábitos.

- 3. Nunca fun moito de pararme a pensar en como celebrar un gol, pero espero marcar os máximos posibles para axudar ao meu equipo.

- 4. É certo que nestes últimos anos o fútbol físico gaña sobre o técnico. Os novos regulamentos favorecen aos equipos físicos, permitindo que poidan facer máis cambios, polo tanto os equipos técnicos, por moita posesión de balón que teñan, non conseguen cansar aos rivais. Aínda así, se me preguntas polas miñas preferencias, decántome polo equipo técnico fronte ó físico. Desfruto moito máis dos primeiros á hora de ver un partido. En canto á liga amateur, non creo que haxa diferenzas no aspecto físico, xa que ningún "vivimos disto", como para dedicar tanto tempo ao aspecto físico.

- 5. É unha tempada atípica e ademais na que deberíamos estar xogando en Preferente, por méritos propios. Este ano espéranos unha 1ª Autonómica bastante costeira e ademais con moito nivel dos outros clubs. Mais todos partimos dun ano de estar parados e imaxino que os partidos serán bastante igualados.

 

Charro

Charro con Ponteceso

- 1. Un pouco de ambas. Ilusión porque se bota en falta o xogar ó fútbol e parece que imos volver facelo. E incerteza porque realmente non sabemos como vai estar a cousa co tema do covid19 cando comece a temporada.

- 2. Non fixen absolutamente nada. Comer, sofá e ir traballar jajajajaja!

- 3. Eu agora xa non marco goles como cando era novo jajajaja. Non, non teño nada pensado a verdade.

- 4. Nós somos un equipo máis técnico que físico e conseguimos ascender a 1ª.

- 5. Disfrutar da categoría e non levar un golpe.

 

Novas relacionadas

comentarios