1ª e 2ª FEM: Muxía e Tordoia presentan candidaturas
Transcorridas 4 xornadas da 2ª Div. Fem. parece que todos os equipos teñen claro quen son as favoritas: Muxía (as corviñas venceron pola mínima á Esteirana) e Tordoia (golearon ao Campestre) son os dous claros candidatos e xa o demostran con 4 vitorias en 4 partidos, sacando xa 5 puntos ás seguintes, neste caso un Dumbría que conseguíu sumar a súa primeira vitoria fóra da casa, e que malia non estar facendo un gran comezo de curso, xa está en postos de promoción.
Vitoria tamén importante para o Cee e tamén para o Xallas de 1ª Div., que se coloca en media táboa tras 2 vitorias en 2 partidos.
1ª Div. Fem, xornada 4
Sárdoma B - Xallas (0-3)
- Xallas: Rosío, Graci, Ahinoa, Silvia, Andrea Otero, Dani, Sara, Barcia, María Rial, Espasandín e Olalla. Tamén: Soraya e Valeria.
- Goles: 0-1, m.14: Barcia; 0-2, m.19: Barcia; 0-3, m.25: Olalla.
Bo comezo de partido das Eloy García Fateira, a pesar de chegar ata Vigo con algo de retraso por problemas co bus. Pero ao cuarto de hora Barcia asinaba o primeiro, de fermosa factura, tras unha gran apertura a banda de Silvia. Pronto chegaria o segundo, nunha boa combinacion de Gra e Oli que lla dá a Barcia e a revira-volta envía o balón ás redes. Rosio tivo que intervir nun man a man, que solventou con moita seguridade, pouco antes de que chegara o terceiro, tras un gran saque de banda de Ainhoa que peina Gra e Oli, que esta de doce, bate á cancerbeira local.
Morría aí o partido, nunha tranquila segunda metade na que a defensa xalleira estivo moi segura, e puideron ter ampliado a renda se estivesen algo máis acertadas as Espasandín, Gra, Soraya ou Valeria.
2ª Div. Fem., xornada 4
Cee - Nicrariense (1-0)
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Caridad, Sabela, Laura, Martínez, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Sharay Camaño. Tamén: Valeria, Noa e Saray Duarte.
- Gol: 1-0, m.7: Lurs nun córner.
Primeira vitoria do curso do cadro de Rafa Suárez na casa. As da Xunqueira saíron con todo, envorcadas ao ataque e nun córner marca Lurs. Durante a primeira parte as costeiras tiveron moito o balón no campo de elas e avisaron con varias ocasións, entre elas un tiro lonxano de Sharay. Pouco a pouco o ritmo foi baixando.
Na segunda parte a Nicrariense activouse un pouco pero sen causar perigo algún a defensa. O marcador deixaba aberto o partido pero as locais non sufriron, e puideron adicar a vitoria a Nerea, lesionada a semana pasada, aínda que non parece que sexa de fravidade.
Esteirana - Muxía (1-2)
- Esteirana: Maruxa, Tobío, Sara Crión, Sandra, Lara, Lidia, Nuria, Melania, Marta Piñeiro, Bárbara e Rut. Tamén: Alicia.
- Muxía: Vero, Ana Toba, Andrea Piroja, Barrientos, Andrea Insua, Elsi, Raquel, Patri Romaní, Laura Doce, Barca e Eva Lago. Tamén: Nerea, Paula e Karen.
- Goles: 1-0, m.29: Bárbara; 1-1, m.40: Barca; 1-2, m.74: Laura Doce.
Foi o partido da xornada, tremendamente igualado demostrando que a Esteirana tamén vai estar no grupo de arriba. Nada máis comezaron avisaron as de Fran Figueroa, cun man a man que salvou Vero. Non estaban cómodas as muxiás ante un cadro local moi enriba, e buscando atacar os espazos. Marcarían as blaugranas primeiro, pero as de Noe Iglesias conseguían empatar antes do descanso, tendo un par de xogadas de ataque máis.
A segunda parte arrancou con dominio das corviñas. As Laura Doce, Patri Romaní, Barca e Eva Lago atopaban algún oco máis e o esforzo da 1ª parte lastraba algo ás esteirás, que aínda así conseguían transicións perigosas que a piques estiveron de romper a igualada. Pero tanto Maruxa como Vero estaban impresionantes baixo paus.
Ían pasando os minutos e a falta de fondo de armario das locais (chegaron con 12 xogadoras, polas 14 do cadro vermello), foi provocando que a superioridade física das visitantes se fose impoñendo, tendo varias ocasións e culmiinando a remontada cun tanto de Laura Doce.
Así e todo aínda pelexaron as esteirás e mesmo acabaron metendo ás visitantes na súa área, incluso cunha menos pola lesió de Alicia, que saíra no m.70, aínda tiraron dous balóns á madeira que puideron supoñer o empate.
Corme - Bergan B (1-1)
- Corme: Lucía, Aroa, Laura, Lucía; Candela (Ana), Olalla, Ana, Natalia; Nerea (Aurora), Cris, Zeltia.
- Goles: 1-0, m.50: de Ana Suárez; 1-1, m.89: Cayetana.
Partido moi duro contra un rival moi serio, moi intenso, e coas ideas moi claras, un Bergan B nas mans de Pablo que seguro que vai dar que falar neste nova temporada e nunha categoría superior. As cormelás, con moitas baixas, puideron contar con Aroa e Nerea.
As locais necesitan ir collendo algo de confianza co balón, pero a presión bergantiñá era moi potente, e impedía claridade nas de Rubén Souto.
Tras unha primeira metade incómoda, abría o marcador Ana Suárez ao comezo da segunda, pero as vermellas empataban sobre o pitido final. Aínda tiveron as locais unha ocasión no descontísimo, pero o empate pode ser xusto.
Milagrosa - Dumbría (2-4)
- Dumbría: Liss, Carril, Adriana, Laura, Mariña, Sabela, Claudia Cundíns, Elba, Paula Fandiño, Carla Lago e Alba. Tamén: Carla Recarey, Alicia, Yoli e Lara.
- Goles: 0-1, m.40: Mariña; 0-2, m.48: Adriana; 1-2, m.60: Ana Seguin; 1-3, m.68: Adriana nun córner; 1-4, m.81: Paula Fandiño de falta; 2-4, m.85: Ana Seguin.
Custoulle entrar no ritmo de partido ao cadro dumbriés, que parecían aínda durmidas da calor do bus. O Milagrosa atacaba a meta de Liss, tendo que sacar mesmo Alba unha na liña de gol. Parece que ese susto espertou ás de Santi Lira, que comezaron a dominar o balón e a facer un bo fútbol, chegando arriba e sendo Mariña a que abriu o marcador ao borde do descanso.
Na segunda, saíron máis enchufadas as costeiras, e tras unha gran xogada colectiva facían o 0-2 dos pés de Adri tras centro de Sabela. O Milagrosa avanzou liñas nese momento e pronto recortaría distancias, pero o equipo demostrou que vai millorando na faceta psicolóxica, pois non se veu abaixo, seguiu firme facendo o 1-3 de corner. Pouco despois Paula Fandiño marcou un dos seus goles marca da casa, e xa cerca do final o Milagrosa faría o definitivo 2-4.
Máis crónicas da 1ª e 2ª Div. FEM
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.