martes. 14.10.2025
El tiempo

#LigadaCostaFEM: Corcubión e Camariñas, un paso por diante

Xogadoras do Camarinas FC Fem 2025
Xogadoras do EJC Camariñas trala vitoria do domingo
#LigadaCostaFEM: Corcubión e Camariñas, un paso por diante

Segunda xornada e parece que Corcubión e Camariñas están un puntño por diante. Os equipos de Rubén Castillo e Juan Cabrejo levan dúas goleadas, e fican como os dous únicos equipos que suman 6 puntos.

Outes, Cabana e Soneira seguen tamén sen perder.

3ª Div. Fem., Gr.3, xornada 2

Camariñas - Xallas B (4-0)

  • Camariñas: Desiré, Aitana, Rocío, Brenda, Uxía (Lara), Laura Pose, María, Yara, Laura Paredes (Daniela), Saray e Maira (Lola).
  • Xallas: Valeria, Cali, Mar, Paula Maneiro, Judit, Laura García, Carmen Pena, Carmen Pombo, Mar, Yaiza e Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Noa Andrade e Noa Lavandeira.
  • Goles: 1-0, m.20: Yara de falta; 2-0, m.67: Laura Pose; 3-0, m.69: Maira; 4-0, m.75: María de penalti.

Dominou o Camariñas a primeira metade apretando moito e facendo que Valeria Gasco salvase varias ocasións. O filial xalleiro aguantaba pero Yara demostraba a súa calidade cun golazo de falta dende a frontal. Yaiza puido empatar para as visitantes antes do descanso.

Na segunda, o Camariñas mellor fisicamente foi aumentando o dominio completando a goleada cando se lle acabaron as forzas ás verdes. Judith tivo a última para as de Eloy.

Xogadoras do Camarinas celebrando un gol
Xogadoras do Camariñas celebrando un gol

Cabana - As Miúdas (1-1)

  • Cabana: Miriam, Idania, Aroa, Mireia, Valeria (Nerea), Inma, Alejandra (Sabela), Laura, Irene, Adriana (Natalie), Silvia.
  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire, Iria, Nicole, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Sofía, Alba Sabela e María González. Tamén: Zaira, Amina e Carlota.
  • Goles: 1-0, m.52: Adriana; 1-1, m.83: Sofía.

Partido xogado de poder a poder nas Redondas entre Cabana e As Miúdas que empezaba con mais presión por parte do cadro de José Manuel que rondaba a portería de Siaba. Así e todo, as mellores ocasións do igualadisimo primeiro tempo era para as Miúdas, cun tiro ao poste de María González tras unha xogada por banda e outro de falta que Sofía mandou tamén á madeira.

Xa no segundo tempo as cabanesas saíron con folgos e achegabanse a portería de Siaba que respondía con acerto, ata que Adriana adiantaba ás locais. O equipo de Mané deu un paso adiante e puxeron en apuros a Miriam, pero as cabanesas ían contendo as embestidas. E cando o patido parecía máis tranquilo, un roubo deixa a Sofía só diante de Miriam para facer o empate. Aínda tiveron un arreón as locais, pero Siaba volvía a aparecer para deixar o empate no marcador.

Outes - Soneira (3-3)

WhatsApp Image 2025-10-13 at 14.06.07 copia

  • Outes: Lía, Fátima, Antía, Alicia, Natalia, Graci, Marta Gerpe, Carmen, Carla, Alicia, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Erika, Leire, Miriam e Candela.

WhatsApp Image 2025-10-13 at 14.22.40 copia

  • Soneira: Kare; Laura (Marcela), Leila, Loly, Luana; Sara P. (Uxía), Tamara, Aniña (Carmen); Kenny, Kelly (Agra), Candela (Daniela).
  • Goles: 0-1, m.20: Kenny; 0-2, m.64: Agra; 0-3, m.83: Kenny; 1-3, m.85: Erika; 2-3, m.92: Laura Lires; 3-3, m.97: Gema Roo de penalti.

Partido de moita calor que se decidiu nun treito final de infarto, cun Soneira que chegou a colocarse 0-3 no m.83, e que acabou deixando escapar 2 puntos. O cadro de Roland comezaba mandando e impoñendo a súa fortaleza, cunha Kenny que cada balón que tocaba xeraba perigo.
Comezaba a segunda co cadro de Dani Salgueiro algo máis enchufado, pero Agra e Kenny parecían sentenciar o choque. Pero quedaban con 10 por un golpe de calor de Uxía as soneirás, faltanto 15 minutos, e tocoulles sufrir as embestidas locais. Erika recurtou no 85, Laura apretou no 92 e Gema Roo empatou nun protestado penalti xa sobre o pitido final.

Ponteceso - A Baña (7-0)

  • Ponteceso: María Lema, Sabela, Grecia, Laura, Iria, Eva Carril, Clara, Tania, Virginia, Lorena e Oanes. Tamén: Candela, Nerea, Lucía, Miriam e Elena.
  • Goles: 1-0, m.12: Virginia a pase de Oanes; 2-0, m.33: Oanes; 3-0, m.47: Clara Amado; 4-0, m.52: Eva Carril; 5-0, m.59: Oanes; 6-0, m.81: Oanes; 7-0, m.843: Eva Carril.

Colle aire o novo Ponteceso de Alex e Pablo, tras unha cómoda vitoria ante A Baña, na que puideron conta con Lorena e Grecia, dúas rapazas que tamén xogan en cadetes e ao fútsal que non sempre van poder participar. Foi un partido de moita calor e ritmo lento. A calidade de Oanes aparecía en forma de pase longo a Virginia e gol á media hora para encarrilar o partido, ante un cadro visitante coa liña defensiva moi adiantada, que permitía moitas chegadas claras.

Na segunda comezaron a caer goles coas visitantes entregadas, destacando dous golazos de Eva Carril dende lonxe.

Dubra - Cerqueda (0-5)

  • Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Irene, Kayla, Érika, Alba, Raquel, Lorena e Tania. Tamén: Tati, Leyre, Valeria, Inés Amado e Carla.
  • Goles: 0-1, m.3: Lorena; 0-2, m.36: Tania; 0-3, m.49: Alba; 0-4, m.5: Valeria; 0-5, m.65: Uxía.

Partido cómodo para as cerquedás.

Corcubión - Zas (8-1)

  • Corcubión: Xiana, Alexandra Lojo, Marta, Carla, Cris, Antía, Andrea Rod., Ana Sierra, Sandra, Andrea Romero e María Castro. Tamén: Juliette, María, Tati, Lucía e Serena.
  • Goles: 1-0, m.16: María Castro de penalti; 1-1, m.22: Nuria; 2-1, m.42: Andrea Romero; 3-1, m.51: Sandra; 4-1, m.52: Alexandra Lojo de penalti; 5-1, m.62: María Castro; 6-1, m.70: Sandra; 7-1, m.77: Serenna; 8-1, m.85: Juliette.

Tardou en resolver o partido o Corcubión ante un Zas de Anxo que aguantou moi ben a primeira metade. Adiantábanse as locais de penalti, pero pronto Nuria empataba dende fóra da área para as de Anxo Garrido. Foi o gol de Andrea Romero de falta antes do descanso o que decantou a balanza, e acompañado polos tempraneiros goles de Sandra e Alexandra de penalti, permitiron escapar ás locais, impedindo que as zaseiras volvesen meterse no partido.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios