1ª FUTGAL: Empate de respecto

Imaxe do Muxía-Camariñas de Arliña-Foto-Marina Busto

Un pouco de todo nesta 4ª xornada da 1ª para os nosos equipos. No derbi da fin de semana disputado en Arliña, un empate a respecto entre Muxía e Camariñas, que deixa aos dous equipos nunha cómoca posición.

A única vitoria foi a do Fisterra, a primeira do curso ante o Boimorto, mentres que Castriz e Esteirana quedan pechando a táboa tras novas derrotas. Máis dura se cabe a esteirá, despois de ir vencendo ao descanso, se ben o cadro xalleiro aínda non estreou o taboleiro de puntos.

Cire Melide - Castriz (2-0)

  • Castriz: Coke, Samu, Anxo, Brais, Fabio, Marcos Mouro, Feal, Iván Pastoriña, Alberto Mata, Adrián García e Josiño. Tamén Íker, Fabián, Gesto, Barbeira, Carlos Rieiro e Rodo.
  • Goles: 1-0, m.23: Carlos Parrado; 2-0, m.50: Óscar Carro.

Novo mal partido do cadro de Miguel Chouza. Comezou reñido, pero ao pouco comezaron os locais a dominar o balón ante un cadro xalleiro que volvía estar nervioso co balon. Nun erro de posición, os de Melide entraron por banda e abrían o marcador. Tralo gol, Chouza igualou tacticamente o partido e o choque igualouse tamén.

Nada máis comezar, outra perda do último home regalou o segundo, o que xunto coa tempraneira expulsión de Brais por dous cartóns case que deixou sentenciado o partido. Con todo, o equipo de Chouza seguiu pelexando e metendo o medo no corpo ao rival.

Muxía - Camariñas (0-0)

Foto-Marina Busto 
  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Carlos Costa, Brais, Antón Pose, Mauro Romaní, Manu Martínez, Iago, Fran Moreira, Manu Nogueira e Rober. Tamén: Noé, Alex, Congui, Víctor Alcaina, Carlos Antelo e Fabio.
  • Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Soule, Pablo Suárez, David, Joseba (Moriño), Javi, Adam (Anxo), Mario e Djibril.
Carlos Costa e Javi en Arliña-Foto-Marina Busto

Derbi igualadísimo marcado polo respecto entre ambos equipos. Comezaba o Muxía máis dominador, tentando levar a iniciativa ante un cadro camariñán que esperaba atrás, buscando roubar e correr. Tivo varias o Muxía (que segue gafado cara gol), a máis clara anulada por fóra de xogo, pero tamén á contra Javi fixo aparecer a Bouzón cun paradón.

Co vanto a favor, os de Cabrejo comezaron a segunda presionando moi arriba, dominando territorialmente o partido, e tendo as mellores ocasións por medio de Pablo e de Víctor, que mandou un balón ao longueiro. Tamén o Muxía avisou cunha xogada de Congui, pero ao final, empate en Arliña.

Djibril e Mauro Romaní en Arliña-Foto-Marina Busto

Fisterra - Boimorto (2-0)

  • Fisterra, Adrián Suárez, Mateo, Isma, Colombia, Dani Yerba, Ángel, Miguel, Guille, Formoso, Martín e Luisete. Tamén: Joselu, Lois, Beltrán, Isaac Fábregas e Alberto.
Colombia e Mateo Botelho co Fisterra

Partido completo do cadro de Leo, que chegaban coas baixas de Makaay, Maikel Mouzo e de Isaac Fábregas, que por mor dunha forte dor de moas apenas xogou os últimos 10 minutos. Ata estivo 25 minutos con 10 no campo pola expulsión de Luisete o cadro fisterrán, que soubo aguantar a vitoria tras unha gran primeira metade, e gracias a un fantástico traballo defensivo.

Comezaba moi forte o cadro local, que saía con rápidas transicións da man de Guille, Formoso e Luisete. Precisamente froito dunha boa xogada por dereita de Formoso que chega á liña de fondo e dá o pase atrás para que remate Guille facendo o primeiro.

Saíron de novo moi enchufados os verdes, e gracias a esa intensidade pronto Luisete facía o segundo. O propio Luisete era expulsado pouco despois por unha dura entrada, e a partir de aí tocou sufrir ante o acoso visitante, pero o gran partido dos centrais Mateo e Colombia e de Dani Yerba no mediocampo sostiveron ao equipo.

SD Fisterra trala primeira vitoria do curso

Calo - Esteirana (4-3)

  • Esteirana: Guille, Code, Kevin, Godo, Aitor, Antón, Anxo, Pachi, Hugo, Uxío Fari, Rober Pladur. Tamén: Raúl, Adri Abelleira, Pablo Rama, Toni, Pablo, e Anxo Caamaño.
  • Goles: 1-0, m.5: Adrián García tras despexe de Guille; 1-1, m.9: Uxío; 1-2, m.14: Antón; 1-3, m.57: Pachi; 2-3, m.63: Adrián García; 3-3, m.64: Adrián García; 4-3, m.90: Rosendo.

Bo partido dos esteiráns que viron como, a pesar do esforzo titánico, os locais levaron os puntos. Comezaba o partido mal, cun despexe de Guille que batía no dianteiro local e se colaba. Pero reaccionaban os de Adán, que se meteron a combinar e a facer dano e en 10 minutos Uxío Fari e Antón xa tiñan remontado o choque. Moi intensos os blaugranas que gañaban cada balón.

Saían tamén ben na segunda, e mesmo Pachi ampliaba a renda. Pero aí pecou de inocencia o cadro, que non soubo matar o partido, e en dúas xogadas consecutivas, e dous erros nos despexes da defensa local, o Calo empataba o partido.

O partido ía cara o empate, pero a expulsión de Toni a 5 do final, e un gol de carambola dos locais xa sobre o pitido final deixaba aos de Esteiro sen premio.
”Se hai que perder que sexa así, dando esta imaxe e dándoo todo no campo. Creo que esto é un punto de inflexión”, sinala Adán.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info