1ª FUTGAL: Sensacións dispares nun comezo bronco

Primeiro 11 do Muxia na 25-26
Primeiro 11 do Muxía na 25-26
1ª FUTGAL: Sensacións dispares nun comezo bronco

Co ollo posto no Triangular Solidario polos lumes do Cairo, comezaba o curso para os 5 equipos costeiros na 1ª FUTGAL. E fíxoo con tres empates e dúas derrotas, e sensacións dispares. Das “moi boas sensacións” por Camariñas á idea de que queda moito por diante no resto de equipos.

Camariñas - Bertamiráns (0-0)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos (Adam), Oliver, Pablo Suárez, David, Anxo (Joseba), Soule, Mario e Djibril.

Moi boas sensacións deixaron os de Juan Cabrejo e Faus na estrea na categoría no Vicente Carril. E iso que empezaban nervisos, e notando o cambio de categoría, ante un equipo moi ben preparado físicamente, e que apretaban moito. Pero a partir do cuarto de hora o equipo asentouse e foi collendo a iniciativa, ante un Bertamiráns con 3 centrais que buscaba balóns directos.
O balón ía fluíndo e chegando as bandas, cun Mario que desbordaba unha e outra vez, deixando as mellores ocasións para os seus.

Na segunda, o dominio local foi aínda maior, e xa sufrían menos nos balóns directos dun duro Bertamiráns que acabou con 7 amarelas e unha vermella (xa no desconto). Tiveron Mario (antes de ser expulsado no m.75 por unha discusión cun rival) e Djibril varias ocasións claras, mandando mesmo un balón ao pau, pero o balón non quixo entrar neste comezo que demostra que o cadro azul está para competir perfectamente na categoría.

Tordoia - Muxía (1-1)

  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Alex, Brais Fdez., Carlos Costa, Carlos Antelo, Antón Pose, Mauro Romaní, Víctor Alcaina, Roberto e Fran Moreira. Tamén: Noé, Congui, Manu Nogueira, e Manu Martínez.
  • Goles: 0-1, m.7: Fran Moreira; 1-1, m.36: Abel Torres.

Partido moi bronco, condicionado polos constantes berros tanto cara os colexiados e polo estado do céspede. Os de Pataca saían ben, marcando pronto por medio de Fran e tendo dúas claras para cerrar o partido. Pero nun despiste nun saque de banda empatan os locais deixando o partido máis espeso. Na segunda os muxiáns tiveron algo máis de iniciativa, pero non tiveron ocasións e o partido foi esmorecendo.

Esteirana - Cacheiras (0-0)

  • Esteirana: Guillermes, Tobío, Code, Godo, Anxo, Antón, Pachi, Pablo Rama, Pablo Fdez, Toni, Hugo. Tamén: Simón, Damián, Raúl, Uxío e Miguel.

Primeiro partido de Adán Vara no banco esteirán, e foi un choque típico comezo de curso, con moito xogo directo e pouca precisión, merecedor do empate sen goles. Un choque moi igualado ao que os esteiráns moitas baixas e mesmo con 3 xuvenís na convocatoria, pero coa idea de seguir mellorando.

Club do Mar - Castriz (2-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Marcos Mouro, Óscar Feal, Josiño, Adrián García, Iván Pastoriza, Chapela, Carlos Rieiro e Juanjo. Tamén: Íker, Rodo, Alberto Mata, Gesto e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.2: Baldo; 2-0, m.60: Tiago Mendes; 2-1, m.81: Adrián García.

Bo partido no Municipal larachés con ambiente nas bancadas. Adiantouse o cadro local nada máis saír da man dun ex do San Lorenzo, o que embalentonou aos xalleiros que deron un paso á fronte e dominaron durante todo o primeiro tempo, tendo varias chegadas claras para empatar.
Igualouse a contenda na segunda, e os caioneses ampliaron a renda. Non se viñeron abaixo os do brigadista Miguel Chouza (homenaxeado tamén no Cairo), e Adrián García recurtou, metendo o medo nas filas locais. Tivo Chapela, o mellor sobre o céspede, varias para empatar, pero non houbo sorte.

Fisterra - Calo (1-2)

  • Fisterra: Adrián Suárez, Mateo, Isma, Colombia, Dani, Juan, Guille, Martín, Miguel, Adrián Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Joselu, Lois, Pablo Velay, Beltrán, Maikel Mouzo, Gabri e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.48: Mateo; 1-1, m.70: Adrián García; 1-2, m.94: Cristian Vieites.

Estreábanse Leo Picallo e Adrián Makaay (tamén sobre o céspede) no banco fisterrán. E fixérono cunha dura derrota no descontísimo, nun partido apretado que se decidía con 3 tantos a balón parado. Foi un choque igualado, ao que os locais saían ben, con dúas ocasións de Makaay e Isaac, e un posible penalti sobre Guille.
Na segunda seguían dominando territorialmente os fisterráns, que se adiantaban nunha xogada a balón parado nun remate de Mateo. Pero a partir do minuto 65, os visitantes cos cambios melloraron bastante, apretando ata que puideron empatar de penalti, bastante dubidoso para os locais. Seguía o partido apretado, e xa no desconto, xusto despois dun gol anulado a Guillle, na última xogada do partido nun corner, os visitantes conseguiron o gol da vitoria.

Máis info

Comentarios