1ª FUTGAL: Probando o duro sabor da 1ª

4 derrotas e un empate é a bagaxe dos 5 equipos costeiros na 3ª xornada da 1ª FUTGAL. Só o Muxía conseguíu sumar e iso que Camariñas, Esteirana e Castriz xogaban na casa. Un bo toque de atención para demostrarnos que cada domingo vai ser unha auténtica pelexa, e que os erros, nesta categoría, páganse caros.
Boimorto - Muxía (1-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Antón, Carlos Costa, Alex Martínez, Brais, Iago Muíño, Carlos Antelo, Mairo, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Noé, Roberto, Víctor Alcaina, Manu Martínez e Fabián.
- Goles: 0-1, m.10: Brais; 1-1, m.37: Alexandre Villaravid.

Partido moi completo dos de Pataca, que foron dominadores durante a maior parte do partido. Comezaban moi fortes, e xa antes do 0-1 tiveron unha ocasion clara para adiantarse. Tamén, antes do empate nun despiste, tiveron un par de ocasións os Corviños pero non acertaron e o partido marchou aos vestiarios coas táboas no marcador.
Volverían saír moi enchufados os costeiros na segunda, xerando ata 5 ocasións claras para poder sacar o partido, pero a falta de puntería está a castigar ao equipo. Así e todo, os locais tamén sacaron algunha contra no treito final que puido ter decantado o partido.
Tordoia - Fisterra (4-0)
- Fisterra: Adrián Suárez, Mateo, Isma, Dani, Miguel, Beltrán, Juan Formoso, Martín Canosa, Guille, Luisete, Isaac Fábregas. Tamén: Guillermo, Lois, Alberto, Pablo, e Ángel.
- Goles: 1-0, m.35: Víctor Vilariño; 2-0, m.51: Víctor Vilariño; 3-0, m.62: Víctor Vilariño; 4-0, m.65: Javier Seoane.

Con moitas baixas (como as de Makaay, Maikel, Colombia ou Joselu) chegaba o Fisterra ao Antigo Gogullos provocando que a defensa estaba formada por catro xuvenís. Aínda así, os primeiros 35 min foron igualados, levando o Tordoia a iniciativa do xogo, pero os fisterráns buscando ben as contras. Así chegaban dous claros mans a mans de Isaac Fábregas e de Juan Formoso que ben puideron ter adiantado aos costeiros. Pero a 10 do final do primeiro tempo, chegaba o primeiro dos locais tras unha boa xogada por banda.
Nada áis saír dos vestarios, os locais facían o segundo nun córner e aí si que se desfixo o cadro fisterrán, que non puido aguantar e só Adrián Suárez salvou o equipo, que estaba con 3 xuvenís e 1 cadete sobre o céspede, dunha goleada maior.
Camariñas - Calo (0-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Anxo), Joseba (Nuno), Adam (Asier), Soule, Mario e Djibril.
- Goles: 0-1, m.16: Adrián García; 0-2, m.29: Ángel Agraso.

Duro pau para un Camariñas que chegaba cun empate e unha gran remontada nos dous primeiros partidos, pero que comprobou onte ante o Calo, que os erros se pagan caros nesta categoría. Os de Cabrejo e Faus comezaron moi ben, dominando, e entrando por bandas de novo cun gran Mario. Pero ao cuarto de hora, unha mala saída de Jorge nun balón longo deixa a Adrián García franco para abrir o marcador.
Non recuaron os palilleiros e seguiron levando a iniciativa, pero á media hora, noutro erro defensivo, chegaba o segundo. Custou erguerse aí ante un Calo que se agazapou moi ben aí.
Na segunda parte saíron polo empate os locais, disputando o partido en campo contrario, pero os visitantes estiveron firmes. Non chegaron máis á portería rival, pero neses dous zarpazos aproveitando os erros locais, o cadro santiagués levou demasiado premio do Vicente Carril. Así e todo, os camariñáns volveron demostrar que teñen nivel de sobra para competir nesta categoría.
Esteirana - Racing San Lorenzo (0-2)
- Esteirana: Gullermes, Damián, Godo, Tobío, Antón, Hugo, Adrián, Kevin, Toni, Raúl e Róber Pladur. Tamén: Pablo Rama, Uxío, Pachi, Anxo, Aitor.
- Goles: 0-1, m.15: Fran Loureiro; 0-2, m.29: Ander.
Saíron mal os locais, que non conseguían sacar o balón ás bandas para aproveitar os espazos da defensa visitante, e que vían como os santiagueses lles gañaban en intensidade, levando cada duelo e cada disputa. Así se colocaban, merecidamente, 0-2 á media hora os da capital galega.
Saíron mellor na segunda os de Adán Vara, buscando cun mediapunta xogar algo máis por dentro, pero tamén entrando ben por bandas, conseguindo xerar 4-5 boas ocasións, como unha vaselina que se foi alta por pouco de Róber Pladur ou un balón de Antón ao pau. Non conseguiron empatar, pero a actitude foi mellor na segunda parte, o que, coa volta xa no campo de xentes como Pladur ou Adrián, e a recuperación en breve de xentes como Code ou Simón, fan ter esperanza ao míster. “Agora temos que facer puntos cos da nosa liga. Creo que xa tocamos fondo, e temos que traballar para ser máis intensos. Non podemos descolgarnos tan pronto, porque se non vaise facer unha liga moi longa. Pero estamos esperanzado porque entrenamos de lujo e estou moi contento coa actitude dos rapaces”, sinala Adán.
Castriz - Arzúa (0-1)
- Castriz: Coke, Fabián, Samu Castro, Rodo, Anxo, Fabio, Chapela, Iván Pastoriza, Adrián García, Josiño. Tamén: Íker Muíño, Alberto Mata, Óscar Feal, Brais Canosa, Gesto e Fabián Barbeira.
- Gol: 0-1, m.60: Iván García de falta de rebote.
Foi inxusto o fútbol co Castriz, ante un candidato a todo. Saíron moi moi ben os xalleiros, maniatando ao rival e xerando ocasións pero non estiveron acertados na primeira metade.
O Arzúa fixo 4 cambios no descanso, dando conta do bo comezo dos xalleiros, e comezaban a estirarse e a ir polo partido. Pero reaccionou moi ben aí o equipo de Miguel Chouza, xerando un par de ocasións, e retomando o mando do balón. Pero cando mellor estaba, un gol a balón parado, e de rebote, cambiouno todo. Foi un xerro de auga fría para os xalleiros, que non foron quen de volver darlle a volta ao marcador, a pesar de deixar unha moi boa imaxe.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.