Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio, do inferno ao ceo en 20 minutos. O Mazaricos xogarase todo no Pinguel

Mazaricos-Corme-Fin Lema 2
Imaxe do Mazaricos-Corme-Foto: Fin Lema
1ª Galicia: O Baio, do inferno ao ceo en 20 minutos. O Mazaricos xogarase todo no Pinguel

Eran ás 13:30h do domingo e o Baio estaba fóra. Pero estas ligas tan curtas fan que en media hora, tras remontar ante o Tordoia, estea tocando o ceo de participar nunha fase de ascenso á Preferente, deixando fóra ao Mazaricos ou ao Tordoia. Queda só unha xornada por diante, e trala vitoria baiesa, e o inesperado empate do Mazaricos na casa ante o Corme, o Baio ten un pé na fase de ascenso. Ten pendente ademais o choque deste mércores ante o Corme no Platas Reinoso, polo que de vencer aos azulóns asegurarían a segunda praza acompañando ao Negreira.

Quedaría para o domingo saber se o Mazaricos de Diego Gálvez ou o Tordoioa de Dani Calvete se meten na fase. Están igualados a puntos e a golaveraxe individual e apenas hai hau un gol de diferencia no xeral a favor do Tordoia (+11 por +10 dos amarelos)… Os dous equipos enfróntase aos pechacancelas da táboa, o cadro de Calvete recibe ao pechacancelas Belvís, mentres que o Mazaricos visita o Pinguel. Veremos que pasa.

Baio - Tordoia (2-1)

  • Baio: Diego, Norberto, Porty, Damián, Alex Varela, Iván Rod., Ceide, Bieito, Braian, Paco e MC. Tamén: Iago, Mario, Iván Espasandín, Peke e Yago Couto.
  • Goles: 0-1, m.58; 1-1, m.68: MC de penalti; 2-1, m.88: Braian.

Salía o Baio esperando en medio campo, forzando erros na saída de balón do Tordoia e facendo rápidas e perigosas transicións sen demasiado acerto. Era unha primeira metade igualada, na que si houbo un par de remates ao pau, un de Porty nun corner directo e outro do Tordoia tras varios rexeites noutro corner.

Na segunda parte seguía o mesmo guión ata que Abel poñia os visitantes por diante cun gol de bella factura na frontal da área despois de superar a Iago. Foise arriba o Baio con Porty e MC moi activos, provocando varias faltas cerca da área facian presaxiar que o empate estaba cerca. Ata que MC, tras un pase de Rubio, e derribado na área por Nico, que viu a segunda amarilla e o Tordoia quedaba con 10. MC non fallaba dende os 11 metros.

Quedaban aínda 20 minutos por diante, e o Baio puido adiantarse cun gran tiro de Braian que parou Brais e acabou no pau e cun man a man de MC que saiu excesivamente cruzado. Foi xa no minuto 88 nun saque de banda, Paco puxo un balón á área, Braian rematou e o balón colouse entre o porteiro e o pau, ante as protestas dos visitantes por un posible fóra de xogo.

 
Asi celebraba a remontada o CD Baio en Tordoia
Así celebraba a remontada o CD Baio ante o Tordoia

Belvís - Ponteceso (3-0)

11 do Ponteceso con Benju
11 do Ponteceso con Benji-Foto: Brais Pose
  • Ponteceso: Brais, Luca, Eloy Trigo, Juanjo (Ismail, m..46), Pablo Sánchez (Puente, m..46), Isaac, Dani Cotelo (Raúl Pertrusán, m..80), Alberto Recarey, Mendieta, Iago López, Eloy Álvarez (Mara, m.46).
  • Goles: 1-0, m.9; 2-0, m.19; 3-0, m.66.

Saía o cadro pontecesán con camisetas de apoio ao seu porteiro Benji, que vén de lesionarse a semana pasada, nun choque no que levou unha rotura de fibras e 10 puntos de sutura na fronte.

Pagou caras as imprecisións do primeiro tempo o cadro de Pablo Mallón no duelo de pechacancelas. Aos 10 minutos xa se adiantaban os santiagueses nun córner no que o sol cegaba ao meta pontecesán. Seguiu percutindo o cadro local, probando a Brais, probando a madeira e facendo o segundo.

Tardou en reaccionar o cadro pontecesán, pero tamén Isaac, ou Recarey de córner directo avisaban antes do descanso. Saíron con novos folgos na segunda, e Recarey mandaría un córner olímpico ao pau e Mara tería un par de ocasións claras que sairían fóra por pouco, nunha contra dos locais marcarían o 3-0.

 
Belvis-Ponteceso-Foto-Brais Pose
Belvis-Ponteceso-Foto-Brais Pose

Soneira - Volantes (3-0)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, Gesto, Brais Pereira, De la Sierra, Diego Lois, Alex Figueiras, Maki, Cristian, Basti. Tamén; Angel, Javi Souto, Dammián, Agra e Nico.
  • Volantes: Alberte, David Pais, Godo, Oscarín, Álex Vázquez, Pablo, Mos, Santi, Pardelo, Pesco, Kike. Tamén: Alex de Yi, Alex Figueiras, Isma Mayo, Ricardo e Miguel da Corocha.
  • Goles: 1-0, m.14: Diego Lois de penalti; 2-0, m.86: De la Sierra; 3-0, m.90: Noya.
Soneira-Volantes-Foto-Adriana Dfez
Soneira-Volantes-Foto-Adriana Fdez.

Arrincaba o partido cun penalti na área local que Javi Souto lle para a Pesco. Acusou o golpe o cadro laranxa, que víu como o Soneira foise indo cara arriba, e tendo ocasións por medio de Basti, Maki ou Brais Pereira, ao que lle salvaron dous baixo paus. O primeiro tanto soneirán tamén chegaría dende os 11 metros; Diego Lois non fallaría.

Foi máis igualada a segunda metade, cun Volantes máis enriba pero un Soneira que soubo aguantar. Só contra o final conseguiu sentenciar cos goles de De la Sierra e Maki.

 

Negreira - Dumbría (2-0)

11 do Dumbria en Negreira
11 do Dumbria en Negreira
  • Dumbría: Anxo, Mataso, Baba, Kanario, Sendón (Pablo Paz), Xaco (Marcote), Anxo (Lucas), Darío, Code, Mario (Rivi) e Xabi.
  • Goles: 1-0, m.52; 2-0, m.70: Berto.
Negreira-Dumbria capis

Aguantou ben a primeira metade o cadro de Pablo Conde que non puido co potencial do poderoso líder. Foi un partido malo, pero con máis solvencia do cadro local. A primeira media hora estiveron ben os dumbrieses, pero xa sufriron algo máis no último cuarto de hora, pero Anxo estivo ben con dúas paradas. Na segunda, marcaron nun córner e foise indo o partido, pois os visitantes nunca chegaron a crear verdadeiro perigo e nunha xogada medio aislada marcaron o segundo.

 

Mazaricos - Corme (0-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Borja, Raúl, Carreira, Mario, Ricardo, Marcos, Rachón, Kevin, Fran Pose. Tamén: Iago, Esteban, Molinos, Marquitos e Maroñas.
  • Corme: Adrián, Jesús, Brais Pombo, Pandi, Borja Torrado, Toniño, Brais Torrado, Javi Bermúdez, Adrián Doldán, Dieguiño e Samu Costa. Tamén: Pailos, Rubén, Hugo, Noel e Aitor.
Mazaricos-Corme-Fin Lema arbitros
Mazaricos-Corme-Fin Lema

Presentábase o Corme no Pino do Val sen Alejo, Lucas, Eloy, Suso e Sergio e tocaba tirar de canteira e xogando co porteiro xuvenil e con Borja todo o partido e máis con outros 3 xuvenís no banco. Aínda así, e ante un Mazaricos que se xogaba todo, o cadro cormelán aguantou as numerosas embestidas amarelas, con ocasións de todo tipo pero sen acerto para romper a igualada. Ata 16 córners tivo o cadro amarelo

O Corme esperaba e intentaba saír pero sen moita fortuna, apenas chegando cun tiro de Javi que intentou sorprender o porteiro adiantado e un tiro de Diego logo dun pasa atrás de Borja que atrapa ben o porteiro. O Mazaricos dominaba pero costáballe crear perigo en xogada. Si que mandaban un balón ao longueiro tras un rexeite e un tiro cruzado moi pegado ao pau. A balón parado tamén metía en apuros á nova defensa cormelá.

Na segunda, o Mazaricos seguía crean perigo a balón parado pero sería nun dos poucos balóns que conseguiron filtrar polo medio da defensa onde tería a mellor ocasión nun man a man que Adrián resolve ben. Na área contraria, as carreiras do xuvenil Borja e unha falta de Aitor tamén puxeron o ui na bancada.

 
Mazaricos-Corme-Fin Lema 1
Mazaricos-Corme-Fin Lema

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios