Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Baio e Mazaricos comezan a fase de ascenso con derrota

Molinos no Mazaricos Union
Molinos pelexa un balón no Mazaricos- Union
1ª Galicia: Baio e Mazaricos comezan a fase de ascenso con derrota

Houbo de todo nesta fin de semana na 1ª Galicia. Os Baio e Mazaricos arrincaban a Fase de Ascenso con derrota. Polo demais, nas fases de permanencia, bos resultados para os nosos agás o Volantes, que perdía precisamente ante o Ponteceso.

Grupo Ascenso, xornada 1

Mazaricos - Unión (0-1)

  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Borja, Raúl, Ricardo, Esteban, Mario, Roo, Rachón, Molinos e Marcos. Tamén: Carreira, Kevin, Brais, Iago e Dani Maroñas.
  • Goles: 0-1, m.60.

Partido moi igualado entre dous bos equipos, cun ritmo moi alto de xogo que ata parecía que eran os minutos finais do partido en vez de estarse disputando a 1ª parte. Un choque con moitas ocasións de gol para ambos, como un gol anulado a Chapela e outro nas botas de Ismael. Estaban sendo os porteiros os mellores do encontro.

Na 2ª parte houbo máis respeto entre ambos equipos, con menos ocasións. Si que tivo Mario un man a man tras un pase de Sandelo, pero nin el nin Molinos no rexeite conseguiron finalizar. A ocasión convertíase nunha contra veloz, na que o Unión conseguía adiantarse. De aí ao final poucas ocasións, agás un disparo ao travesaño de Sandelo que ben puido significar o empate.

Baio - Cid. Ribeira (0-2)

  • Baio: Diego, Norberto, Mario, Damián, Ceide, Alex Varela, Bieito, Paco, Santiso, Braian e MC. Tamén: Iago, Iván Rod., Iván García, Peke e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.7; 0-2, m.86.

Partido moito máis igualado do que reflicte o marcador, que se viu determinado por un erro defensivo aos 5 minutos que permitían aos visitantes meterse por diante. A partir de aí houbo fases de dominio alterno da posesión, pero sen ocasións claras de gol. As máis claras viñeron por bando local, en tres córners onde o porteiro do Ribeira fixo tres boas intervencións e nun deles sacou un defensa na liña.

Na segunda parte o equipo de Torreira tivo a posesión pero só conseguíu facer unha ocasión moi clara por parte de de MC que para o porteiro. No minuto 88 no segundo tiro a porta do Ribeira en todo o partido marcan o 0-2.

 

Gr. Permanencia D1, xornada 2

Dumbría - Lalín (1-0)

11 do Dumbria no Conco

  • Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Baba, Kanario, Mataso, Brais Fdez, Xaco (Rivi), Darío (Matías), Code (Rober), Mario e Yuyo (Xabi).
  • Gol: 1-0, m.23: Darío.

Dumbria-Lalin no Conco co trio arbitral

Partido moi intenso, cun Lalín que empezou moi forte, tendo 15 minutos nos que crearon noitos problemas e tiveron un par de ocasións ao cadro local. Pero o equipo de Pablo Conde asentouse e pronto, nunha boa xogada de Mario, Darío marca o rexeite. A partir de haí, o partido igualouse, foi moi intenso, sen permitir chegadas claras. Si tivo un par antes e despois do descanso o cadro local para sentenciar, por parte de Darío e Yuyo, respectivamente. A partir de aí os dumbrieses souberon ler o partido, e sen sufrir moito foron deixando pasar os minutos.

Corme - Esclavitud (3-1)

  • Corme: Adrián, Jesús, Pandi, Eloy Villar, Diego, Brais Corral, Brais Torrado, Lucas, Toniño, Adrián Doldán e Alejo. Tamén: Suso, Borja, Manu Bermúdez, Noel e Javi Bermúdez.
  • Goles: 1-0, m.17: Alejo; 2-0, m.53: Alejo; 2-1, m.61; 3-1, m.70: Lucas.
Xogadores do Corme celebrando un dos tantos-Foto-Edu Cambon
Xogadores do Corme celebrando un dos tantos-Foto-Edu Cambón

Empezaba o Corme mandando e crean ocasións claras, como un tempraneiro man a man de Alejo a pase de tacón de Lucas que salva o porteiro. Non puido coa seguinte chegada de Alejo, que fai un tiro dende a frontal pola escuadra. Estirábase o cadro visitante cun par de ocasións, pero unhas veces por pouco e outras o meta local Adrián conseguian deixar a porta a cero chegando o descando con ventaxa pola mínima.

A segunda parte o Corme mandaba e froito desa posesión chegaba o segundo de Alejo, balón ás costas da defensa e con fortuna toca no mesmo Alejo e o balón cambia de traxectoria despistando ao porteiro.
Aí si que o Exclavitud aceleraba e conseguía meterse no partido cun balón directo dentro da área que aproveitaría para recurtar distancias. Pero o Corme seguía percutindo, chegando á liña de fondo, e colgando balóns. Sería a maxia de Lucas, cun maxistral gol de falta, o que faría o terceiro para a tranquilidade da bancada.
A mellor nova, a recuperación de Brais Corral para a práctica do fútbol.

 
Brais Corral volveu xogar no Cairo_Foto-Edu Cambon
Brais Corral volveu xogar no Cairo_Foto-Edu Cambon

Gr. Permanencia D2, xornada 2

Volantes - Ponteceso (0-2)

  • Volantes: Alex de Yi, Alex Figueiras, Jano, David Pais, Mos, Pablo Martínez, Iago, Pardelo, Toni, Pesco e Kike Paluca. Tamén: Isma Mayo, Kevin, Santi, Ricardo e Miguel.
  • Ponteceso: Álvaro, Isaac, Ángel, Ismail, Luca, Amable (Mara, m.75), Mendieta, Eloy Álvarez (Pablo Sánchez, m.70), Puente (Raúl, m.89), Alberto Recarey, Eloy Trigo.
  • Goles: 0.1, m.34: Eloy Trigo; 0-2, m.38: Eloy Trigo.
Ponteceso-Volantes-Foto-SD
Ponteceso-Volantes-Foto-SD

Partido igualado, cun Ponteceso ben plantado no seu campo ante un Volantes que tiña posesión pero sen profundidade. Non había moitas ocasións, e á media hora un par de chegadas por banda permitiron a Eloy Trigo meter dous goles consecutivos tras centros de Isaac ante a pasividade defensiva laranxa.

Saía con mellor actitude do descanso o equipo de Iván González, e con tendo xa ocasións dende o principio, cun balón ao longueiro, e varias que parou un Álvaro segurísimo. Quedaba con 10 o Ponteceso pola expulsión de Luca, e o Volantes seguía atacando, con ocasións de todas as cores como unha que sacou a defensa baixo paus tras un córner, ou un man a man que Álvaro lle saca coa cara a Kike Paluca. Pero podían estar 3 horas que non marcarían. Tamén serían expulsados por bando local Jano e Ricardo.

 

Gr. Permanencia D3, xornada 2

Soneira - Cordeiro (2-1)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, Pichi, Agra, De la Sierra, Diego Lois, Alex Figueiras, Cristian, Maki, Basti. Tamén: Álvaro, Ángel, Damián, Fran Calvo e Nico.
  • Goles: 1-0, m.33: Diego Lois de penalti; 2-0, m.72: Darío; 2-1, m.80.

Comezaba tolo o partido con ocasións nas dúas áreas, tendo dous bos mans a man Basti e Maki, pero tamén Javi Souto tiña que empregarse ante dúas chegadas rivais. Co paso dos minutos o equipo de Pedro Gómez foise facendo co control do xogo e obligando ao Cordeiro a replegarse, tendo chegadas perigosas e xa sen sufrir atrás. Chegou unha pena máxima e Diego Lois non a desaproveitou.

Na segunda, mantíñase o mesmo guión e Basti, Pichi e Maki puideron sentenciar, pero foi Darío, tras un remate de Maki, o que faría o segundo. Parecía o partido resolto, pero un erro defensivo a falta de 10 minutos, cando estaba máis preto o 3-0, puixo a incerteza no choque e tocou sufrir algo.

&Nbsp;

Comentarios