Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Só o Soneira e o Baio suman 3

tordoia-dumbria
Imaxe do Agolada-Dumbría
1ª Galicia: Só o Soneira e o Baio suman 3

Xornada dispar para os nosos nos grupos da 1ª. Na Fase polo ascenso o Baio conseguía escadar unha tremenda montaña, tras ir 2-0 aos 25 minutos ante o campión do grupo Sur e sumar 3 novos puntos que manteñen vivo o soño de alcanzar a única praza de ascenso, quedando a 3 puntos do Cidade de Ribeira e a 2 do Negreira. Non puido o Mazaricos en Padrón, e sumaron a súa segunda derrota da segunda fasse.

Nos grupos da permanencia, só o Soneira vencía mentres Dumbría e Ponteceso sumaban un puntiño.

Grupo Ascenso, xornada 2

Unión - Baio (2-3)

  • Baio: Diego, Damián, Ceide, Álex Varela, Norbi, Mario, Bieito, Braian, Manu Santiso, Porty e MC. Tamén: Iago, Bruno, Rubio, Peke e Hugo.
  • Goles: 1-0, m.10; 2-0, m.24; 2-1, m.46: Manu; 2-2, m.68: MC; 2-3, m.72: Porty.

Arrancou o partido moi forte o Unión, facendo moito dano coas súas transicións e xogo directo, axudado ademais polo vento a favor. Adiantáronse pronto no marcador nun corner e fixeron o 2-0 tras un rexeite dun centro lateral pouco despois. O cadro de Pablo Torreira dominaba o balón coa súa velocidade á contra os locais puideron facer algún máis antes do descanso.

Na segunda parte o partido cambiou por completo. Marcou Manu Santiso o 2-1 no minuto 1, e o equipo seguía apretando. MC empataba o choque cun golazo de vaselina. Os de Rianxo buscaban xogo directo pero co vento en contra eran menos efectivos. E os baieses conseguían darlle a volta ó marcador con outro golazo, esta vez de Porty de falta directa que entrou por toda a escadra.
A partir do terceiro puideron pechar o partido en varias ocasións pero o resultado final non se movería cunha fantástica vitoria para o cadro baiés, que chegaba, cómpre lembrar, só con 13 xogadores do primeiro equipo.

Flavia - Mazaricos (2-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Borja, Raúl, Roo, Marcos Corzón, Marquitos, Ricardo, Brais, Pereiro, Kevin. Tamén: Cristian, José Angel, Mario , Iago e Molinos.
  • Goles: 1-0, m.14; 2-0, m.64: en propia.

Partido de novo no fermoso Municipal do Souto, moi aberto cos ataques preponderando sobre as defensas e ocasións para os dous conxuntos. Os locais aproveitaron a febleza en defensa dos amarelos, marcando xa aos 15 minutos, tras unha falta lateral. Empezara mellor o equipo local, pero a partir do gol os de Diego Gálvez empezaron a estirarse e chegar á area rival. Brais e Chapela avisaban e Marcos marrou nun man a man contra o meta local.

Na segunda parte o partido arranca cas mismas propostas, e logo dun balón ao longueiro de Kevin, o Flavia acaba conseguindo o 2º gol marcado en propia porta. De aí o final o Mazaricos puido facer recurtar cun par de remates de Borja a saída dun córner, e nun remate alto de Marcos, pero non era o día máis acertado para os nosos.

 

Grupo Permanencia D1, xornada 3

Lalín - Corme (6-2)

  • Corme: Adrián, Jesús, Pandi, Eloy Villar, Diego, Brais Corral, Brais Torrado, Adrián Doldán, Javi Bermúdez, Lucas e Alejo. Tamén: Brais Pombo, Pailos, Borja Torrado e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.40; 2-0, m.48; 3-0, m.56; 4-0, m.58; 5-0, m.60; 6-0, m.66; 6-1, m.72: Alejo; 6-2, m.79: Alejo.

Non foi nada mala a primeira metade dos de Lelo e Ángel, tendo ata boas ocasións por medio de Alejo. A iniciativa era do Lalín, tendo tamén algunha ocasión, pero o cadro cormelán saía ben á contra. Facía dano o gol antes do descanso e o gol xusto á volta dos vestiarios, que sacaron do encontros aos cormeláns, que encaixaban 4 goles en 10 minutos. Xa contra o final, Alejo sacou a súa garra para maquillar o resultado.

Agolada - Dumbría (0-0)

  • Dumbría: Anxo, Roberto, Samu, Pablo Paz, Brais, Jesús, Capelo, Mario Insua, Jose, Baba, David. Tamén: Jorge, Matías, Sergio, Alex Sendón e Xabi.

Partido igualado do cadro dumbriés, que soubo manexar os tempos e sumar un puntiño fóra da casa.

 

Grupo Permanencia D2, xornada 3

Tordoia - Volantes (1-0)

  • Volantes: Alex de Yi, Alex Figueiras, Oscarín, David Pais, Pablo Martínez, Isma Mayo, Godo, Iago, Pardelo, Pesco e Kevin. Tamén: Nacho, Alberte.
  • Goles: 1-0, m.90.
Tordoia-Volantes
Foto: Adriana Fdez.

Un gol de Denis sobre o pitido final botou abaixo o bo traballo do cadro de Iván González durante 90 minutos. Foi un choque moi igualado, malia ter só Iván González 13 xogadores (tivo que cambiar ao porteiro no descanso ademais por lesión de Álex de Yi), formulando o partido máis xuntos que o normal, para impedir deixar espazos aos cadro de Dani Calvete. O equipo local dominaba pero non conseguía facer ocasións claras. Pesco si intentou un par de tiros dende máis de 30 metros que pouco lle faltou para coller portería.

Seguíu a mesma tónica na segunda, co cadro laranxa aguantando as embestidas das locais, e mantendo a zona de atrás segura. Pesco, Pardelo e Kevin intentaban algunha contra, pero sen calidade no último pase. Alberte tamén fixo un par de boas paradas a tiros lonxanos. E xusto cando o partido morría, unha falta frontal, rexeita Alberte e Denis consegue meter o gol. Xerro de auga fría para os de Iván, que aínda o intentaron na última xogada do partido.

Tordoia-Volantes-Adri
Foto: Adriana Fdez.

Ponteceso - Cruces (1-1)

11 do Ponteceso ante o Belvis

  • Ponteceso: Brais, Isaac, Ángel, Ismail, Pablo Sánchez (Iago López, m.61), Mendieta, Alberto Recarey, Pablo Vázquez (Nando, m.74), Puente, Eloy Álvarez (Amable, m.64), Eloy Trigo.
  • Goles: 0-1, m.10; 1-1, m.56: Alberto Recarey.
Recarey cos colexiadpos
Fotos do SD Ponteceso

Partido moi parello na fría tarde no Pinguel, cunha primeira metade na que o Cruces levou o peso do choque, pero na que apenas houbo ocasións máis alá do gol inicial dos visitantes, tras varios rexeites nun córner. Só falta botada por Puente facería lucirse o meta visitante no primeiro tempo.

Estirábanse os de Pablo Mallón na segunda, creando perigo polas bandas con Isaac e Puente. Precisamente nun córner botado por Puente, Recareu empalmaba para facer o empate. Moito respecto no treito final de partido, sen riscos por ningún bando, dando por bo o empate.

 

Permanencia D3, xornada 3

Belvís - Soneira (0-2)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, De la Sierra, Pichi, Cristian, David Agra, Diego Lois, Alex Figueiras, Maki e Javi Souto. Tamén: Álvaro, Angel, Brais Pereira, Fran Calvo e Nico.
  • Goles: 0-1, m.15: Javi Souto; 1-1, m.63: Pichi.

Dúas metades moi distintas as vividas en Santiago. O Belvís dominou o primeiro tempo, con 4-5 ocasións moi claras que non souberon aproveitar e ás que Javi respondeu espectacularmente. Na outra área houbo poucas chegadas pero o outro Javi Souto estivo fino para adiantar aos de Pedro Gómez.

Distinto guión tivo a segunda. O Belvís seguía chegando pero o Soneira tiña máis o balón e conseguía facer dano chegando unha e outra vez á área rival. Maki, Nico, Javi… tiveron sendos mans a mans e só foi Pichi o que acertou a superar ao meta local para sentenciar o partido, aínda cun tempo por diante.

 

Comentarios