2ª FUTGAL: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias
Está preciosa a Liga da Costa e os dous equipos que viñan sumando vitorias por partidos, acabaron sucumbindo na casa ante equipos que viñan máis frouxos. O Malpica, que levaba 3 de 3, caeu ante contra o Monte Louro na casa; mentres que o Outes, o outro equipo que sumara 3 vitorias nos 3 primeiros partidos, perdeu tamén na casa neste caso ante un Cabana que aínda non estreara o taboleiro de puntos
Quedan agora os dous equipos con 9 puntos, os mesmos que Xallas e Muros, que superando difíciles partidos ante un Soneira que case remonta en Fontenla, e un Mazaricos que non acaba de conectarse.
Así, só o Corcubión, tras vencer ao Porteño nun dos partidos de infarto da xornada, queda sen coñecer a derrota.
Polo medio, o derbi carballés foi para Verdillo, e o fermoso choque entre Corme e Baio decantouse para os de Diego Lobelos.
Zas - Ponteceso (2-4)
- Zas: Guille, Anxo, Moha, Adri Rama, Juan Touriñán, Redondo, Pablo Pardiñas, Joel, Iago Estalote, Martín e Salah. Tamén: Pereiras, Álvaro, Mauro, Darío e Adrián.
- Ponteceso: Darío, Pedro, Adrián Pose, Luca, David, Javino, Alberto Recarey, Iván Rod, Puente, Mendieta e Eloy Álvarez. Tamén: Ures, Cotelo, Juan Rey, Neira e Dani Rod.
- Goles: 0-1, m.8: Mendieta; 1-1, m.22: Juan Touriñán; 1-2, m.35: Javino; 2-2, m.50: Redondo; 2-3, m.56: Martín Puente de penalti; 2-4, m.90: Mendieta.
O encontro entre o Sporting Zas e o Ponteceso deixou unha nova derrota para os locais, nun partido onde o conxunto visitante foi xusto vencedor, demostrando un xogo sólido e aproveitando mellor as ocasións, e sumando así a súa primeira vitoria do curso.
A primeira metade comezou co cadro de Jorge Guillamet presionando cara adiante, mentres que o Zas se mostrou decidido e intenso, buscando contraataques pola banda esquerda buscando a Salah. Os pondalianos adiantáronse cun gol de Mendieta, que ao contrario do normal, pasan os anos e vai subindo posicións cara arriba, tras un erro do porteiro local. Pouco despois, e a pesar de que o Ponteceso tiña a iniciativa, un erro na súa propia metade levou ao Zas a empatar cun magnífico disparo de Juan dende o borde da área que bateu no poste esquerdo. O Ponteceso respondeu rapidamente cun impresionante cabezazo de Javino tras un córner, levando o marcador ao descanso cun 2-1 tras unha primeira metade intensa.
Os de Rubén Forján e Alfredo Pereiro saíron do túnel de vestiarios máis enchufados, empatando aos cinco minutos tras unha xogada rápida que foi rematada impecablemente por Iván Redondo. O Ponteceso volvería loitar para conseguir un claro penalti cometido sobre o incansable Mendieta, que sería brillantemente convertido por Martín Puente.
Volvíase algo trabado o partido, cun Zas que subía a intensidade pero que deixaba a defensa algo desprevida, cousa que o Ponteceso aproveitou para irromper. Ademais chegaban as lesións deAnxo e Pablo, que se suman á de Dani Mato, da pasada semana, que deixaban en cadro aos zaseiros.
Neira tivo catro ocasións de gol para os visitantes, pero ningunha delas atopou o branco. Na outra área, o Zas buscou o empate a balón parado, atopando a Salah e con algúns disparos dende fóra da área, pero foi o Ponteceso quen selou a vitoria no último minuto tras unha boa triangulación entre Ures, Neira e Mendieta, sendo este último o que marcou o gol, completando así unha magnífica actuación.
Corme - Baio (1-2)
- Corme: Quique, Hugo Paredes, Eloy Villar, Aitor, Brais Pailos, Xoel, Joshua, Borja Torrado, Yago, Lucas e Isra. Tamén: Pandi, Teo, Álvaro e Borja Seoane.
- Baio: Rodri, Pablo Rod., Miki, Pazos, Damián, Manu Vila, Víctor, Carreira, Sergio, Rubén Cheti, Mamadou. Tamén: Yago Pazos, Norberto, Josiño, Alex Muíño e Chechi.
- Goles: 0-1, m.63: Sergio remata un centro no primeiro pao; 0-2, m.68: Damián tras unha xogada e pase atrás de Mamadou; 1-2, m.75: Aitor tras varios despexes despois dun saque de banda.
Partido bonito no Cairo, que comezaba o Corme co vento a favor, presionando arriba, e impedindo saír aos baieses, con Lucas e Isra conectando pero sen profundidade, agás nun man a man que salva Rodri. Mamadou tamén avisaba facendo pol bando baiés, pero o primeiro tempo foi para os de Ángel.
Na segunda, os de Diego Lobelos souberon presionar arriba, impedindo saír aos de Ángel, e baixar o balón con máis calma. Mamadou, que foi do mellor no campo, tivo varias e se ben non marcou si que permitiu que Damián fixese o segundo, pouco despois de que Sergio abrise o marcador. Co 0-2, Cheti, Damián, Pazos e Miki puideron sentenciar, pero o Corme non decaeu, presionou máis e se meteu no partido gol de Aitor. De aí ao final o choque estivo aberto, pero o Baio non sufriu demasiado.
Corcubión - Porteño (2-1)
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Samu RamaAntón, Mario, Dani, Luís Lojo, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Jose, Alex Díaz, Íker, Martín e Samu Trillo.
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Martín, Álvaro, Alfredo, Darío, Alan, Bruno e Yuyo. Tamén: Mayor, Joel, Carrabete.
- Goles: 1-0, m.25: Samu Rama; 1-1, m.87: Alfredo; 2-1, m.94: César Lojo.
Partido de infarto no Cubaleiro entre dous moi bos equipos, cun Corcubió que recuperaba efectivos pero un Porteño algo curto, con apenas 12 xogadores de campo aptos. Comezaban mellor os de Mayor, chegando ben por banda, e tendo un longueiro de Bruno de falta e otro pau de Martín tras un rexeite dunha falta.
Os de Ángel Ventanas e Isi tocaban, sen demasiada profundidade, pero si co acerto na primeira chegada para abrir o marcador tras unha triangulación entre Iago, César e Rama.
Saíron os visitantes apretando arriba na segunda, avisando con outros dous logueiros, e un man a man de Yuyo que salva ben Bruno, Tamén o Corcubión puido sentenciar con dúas contas de César e outra de Rama. E cando o partido parecía que esmorecía, nun saque de banda longo, tras un batifondo na área, Alfredo pesca o balón e o cola para facer o empate. Parecía que xa estaba todo rematado, pero no descontísimo, tras unha falta con varios renotes, César aproveita para darlle a primeira vitoria ao cadro do Carrumeiro.
Muros - Mazaricos (3-1)
- Muros: Aitor, Fran, Javi Pelos, Benji, Jesús, Tajes, Alex, Quin, Dani, Juan oVello, Xavi. Tamén: Álvaro, Juan Rey, Antonio del Sel, Iván e Jesús Rod.
- Mazaricos: Isma, Luís Mayán, Raúl, Yeray, Samu Lema, Álvaro, Sergio, Marito, Steven, Molinos e Kevin. Tamén: Samu Blanco, Chumiko, Yago Dosil, Fran Pose e Alex Calvo.
- Goles: 1-0, m.49: Bneji; 2-0, m.67: Dani; 2-1, m.69: Kevin de penalti; 3-1, m.73: Dani.
Non dá arrincado este Mazaricos de Raúl Periscal, que segue cometendo erros graves que lles manteñen no fondo da táboa, nun complicado comezo de temporada, con moitas baixas, e moitos sénior de primeiro ano tendo que asumir responsabilidades. E iso que comezaba ben, e tivo 3 mans a mans con Aitor que non foron quen de materializar nun primeiro tempo no que o Muros tentou levar o mando.
Comezaba a segunda co tanto de Benji para os de Joaquín Quintáns. Tardou en reaccionar o cadro amarelo e só o fixo despois do segundo, marcado por Dani, cando Kevin recurtaba distancias dende os 11 metros. Parecía que se podía meter no partido o cadro mazaricán pero Dani ampliaba de novo a vantaxe. O Mazaricos apretou no treito final, sobre todo tralas expulsión de Dani e Juan oVello nos últimos minutos pero o marcador non se movería.
Sofán B - San Lorenzo (1-2)
- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Asier, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Chris, Mateo, Isma Ramos e Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Rubén, Jonathan, e David de Jesús.
- San Lorenzo: Mario, Lozano, Pablo Garrido, Campos, Alex Iglesias, Manu Rod., Alex Costa, Alex Vázquez, Iago, Diego Varela e Javi Pérez. Tamén: Javi Souto, Damián, Adrián, Marcos Corral e Hugo Pereiro.
- Goles: 1-0, m.25: Isma Ramos; 1-1, m.50: Marcos Corral; 1-2, m.78: Iago.
O Carral viviu esta tarde un auténtico derbi comarcal cargado de intensidade e emoción, no que o San Lorenzo de Verdillo conseguiu remontar e levarse os tres puntos fronte a S.D. Sofán, nun encontro que mantivo á afección en vilo ata o final, e que viviu dúas partes ben diferencias.
Comezaba o cadro local dominando, levando o peso do partido, e meténdose por diante nun balón colgado desde o lateral que o pichichi Isma Ramos aproveitaba para abrir o marcador. Tivo aí varias ocasións o cadro de Zalo para ampliar a vantaxe, un remate de Isma que para Mario e un centro que se pasea por diante da área, así como unha de Chris que non estivo decidido.
O cadro de Iván Rojo, lonxe de renderse, saíu coa moral renovada tralo descanso, apretando ben con balóns colgados de saque de banda e córners, e gañando as segundas xogadas. Así chegaba pronto o empate de Corral. Deron un paso máis os de Verdillo, indo polo partido a base de intensidade e gañando os duelos, e así, de novo noutro balón colgado e tras uns rexeites, desta volta Iago López era o que marcaba dende a frontal.
Tentouno o filial á desesperada nos últimos minutos e de feito tivo no 92 unha de Adrián Vázquez para empatar que para Mario.
Malpica - Monte Louro (0-2)
- Malpica: Andou, Anxo, Raúl, Damián, Fran, Garcia, Cristian Fdez., Luis, Aday, Chicha e Saydou. Tamén: Joel, Camilo, Cristian Villar, Alberto Hombre e Brais Calvo.
- Monte Louro: Pedro, Pablo, David Pais, Óscar Fari, Héctor, Abel, Xián, Josiño, Iker, Javi e Álvaro Fary, Tamén: Rapante, Xaco, Martín e Flavio.
- Goles: 0-1, m.20: Óscar Fari tras unha boa xogada colectiva; 0-2, m.60: Flavio mete un golazo de libre indirecto.
Partido tenso na Pedra Queimada, cun cadro de Bibi algo máis entonado pero nunha primeira metade sen ocasións e sen xogo. Tan só un rexeite mal defendido era aproveitado por Óscar Fari no ecuador da primeira para dar vantaxe aos visitantes. Os de David Baña apretaban algo máis co paso dos minutos aparecendo aí a defensa e o meta loureán para defender o marcador.
Na segunda parte saía moito mellor o Malpica, dominando e tendo ocasións polas bandas, colgando balóns a area pero Pedro seguiase lucindo e salvando dous remates de Luís e dous de Aday. Ao cuarto de hora, Flavio colaba un libre indirecto por unha protestada cesión, sendo case un golpe imposible de levantar para os malpicáns.
Outes - Cabana (1-2)
- Outes: Dani, Stefan, Claudino, Sergio Santamaría, Jura, Iván, Eloy, Martín, Alberto, Keko e Manel Carou. Tamén: Kevin Lariño, Adrián, Boris, Veleiro e Hugo.
- Cabana: Diego, Aarón, Noé, David Rey, Ferreiro, Miguel, Hugo Lema, Blas, Simón, Xabi Parga e Diego Castro. Tamén: Marcos, Julián, Brais, Micky Pose e Pablo Pose.
- Goles: 1-0, m.9: Martín; 1-1, m.23: Diego Castro; 1-2, m.41: David Rey de penalti.
Partido vivo no Cunchido, que comezaba co Outes marcndo pronto pero de contado desapareceron no campo, esquecendo marcas e baixando a intensidade. O Cabana recuperaba fácil e entraba por banda, con Simón, Castro e Migueliño facendo moito dano. Castro, de cabeza, empataba e antes do descanso David Rey, tras un penalti cometido sobre Migueliño, permitían aos de Óscar Mingui darlle a volta ao marcador.
Os cambios de Geno na segunda provocaron unha gran melloría no Outes, que tivo varias ocasións para empatar, pero o partido xa era un ida e volta, con chegada nas dúas áreas, e só as intervencións dos dous porteiros impediron que se movese o marcador.
Xallas - Soneira (3-2)
- Xallas: Iván Couto, Martín, Elvis, Peke, Macareno, Dani Barbeira, Bryan, Doro, Rubén Blanco, Rubén Sande, Sergio Barbeira. Tamén: Alberto, Cristobal, Iker, Julián e Adrián Couto.
- Soneira: Pity, Iván, Gusa, Adrián Canosa, Nico, Brais Pereira, Javi, Oreiro, Sergio, Pichi e Richi. Tamén: Brais, Héctor, Mario, Carlos e Bieito.
- Goles: 1-0, m.27: Bryan nunha falta lateral; 2-0, m.54: Macareno; 3-0, m.77: Rubén Sande; 3-1, m.85: Héctor; 3-2, m.93: Pichi de penalti.
Partido de altos voos entre dous equipos chamados a estar arriba, que acabou de infarto. Pero o Soneira estivo espeso, malo con balón, sen atopar ritmo de xogo, ante un cadro de Doriño que dominaba o centro de campo, impedindo aos soneiráns chegar arriba, e tendo algunha ocasión, como o primeiro de Bryan a unha falta lateral de Peke. Tivo Doro a posibilidade de aumentar a vantaxe, pero mandou ao pau.
Bryan e Doro tiveron que saír no descanso, e o Xallas baixou un pouco a garda, pero á contra ampliaba a renda ata o 3-0. Aínda así, os de Josiño Abelenda non baixaron os brazos: con dez pola expulsión de Adrián Canosa e moito corazón, lograron recortar distancias cun gol a balón parado Héctor (1-3) e un penalti por mans (2-3) que transformo Pichi. O Xallas quedaba tamén con 10 polo segundo cartón de Rubén Sande, e os últimos minutos foron de auténtico infarto, co Soneira colgado balóns e rozando o empate.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.