2ª FUTGAL: Outes e Malpica manteñen o pulso

Outes e Malpica son os únicos que quedan con 9 puntos tralas 3 primeiras xornadas. Os da Serra están pletóricos e superaban a todo un reforzado Porteño que aínda non atopa o seu xogo. Os malpicáns foron a cara e a cruz dun Cabana que fica como o único equipo sen sumar.
No derbi da xornada, nun que dende logo se botaba de menos, o Baio superou pola mínima ao Zas no Platas Reinoso.
Porteño - Outes (0-3)

- Porteño: Mariolo, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Darío, Mayor, Baba, Alfredo, Alan, Bruno, Yuyo. Tamén: Joel, Rodri, Martín e Carrabete.

- Outes: Dani, Claudino, Stefan, Sergio, Martín, Jura, Eloy, Adrián Liste, Berto, Manel, Keko. Tamén: Paullo, Lois, Ramón, Boris e Brais Lado.
- Goles: 0-1, m.68: Manel Carou nunha contra; 0-2, m.83: Keko recibe de costas dentro da área, dá media volta e culmina; 0-3, m.86: Adrián Liste aproveita o rexeite de Mariolo para finiquitar o choque.

Comezaba o Porteño esixindo moito, percuntindo unha e outra vez e metendo atrás ao Outes. Pouco a pouco os de Geno foron intentando baixar o balón, combinando e chegando pouco a pouco á área contra, con varias chegadas de Keko e Eloy por bandas, e un tiro de Jura ao que respondía Mariolo.
Na segunda comezaba o Porteño apretando por arriba, metendo atrás a un Outes que tamén intentaba crear perigo ás contras, como nunha na que Manel se colou entre os centrais e lle colou por abaixo ante a saída de Mariolo. Entráronlle as presas ao cadro de Mayor, que comezaba a precipitarse e a descolocarse permitindo que Berto era capaz de darse a volta e buscar a mellor opción. Ainda así, tivo unha clara o Porteño para empatar, cando Mayor tivo un un rebote quedoulle a Bruno sen porteiro pero moi forzado mandou arriba.
Nunha saída visitante chegáballe o balón dende banda a Keko que daba a volta e definía ben. E xa co Porteño envorcado, Veleiro sentenciaba.
Baio - Zas (1-0)

- Baio: Rodri, Pablo Rod., Pazos, Miguel Vidal, Damián Zas, Mamadou, Víctor, Carreira, Manu Vila, Sergio e Cheti. Tamén: Yago, Bruno, Norberto, Alex Muíño, Chechi.

- Zas: Guille, Moha, Fran, Juan Touriñán, Pablo Pardiñas, Redondo, Álvaro Fari, Brais, Dani Mato e Salah. Tamén: Pereiras, Anxo, Adri Rama, Raúl Corzón, Iago Estalote.
- Gol: 1-0, m.20: Cheti remacha o rexeite do pau ao seu tiro no man a man.

Volveu vivir un derbi en Zas despois de moito tempo, e xa no ambiente previo se notaba que había gañas de volver desfrutar dun encontro deste tipo. O partido comezou con respecto mutuo e moito tanteo, nervios e disputa, algo que sería a tónica durante todo o choque.
O Baio tomou un pouco máis a iniciativa co balón, aínda que os dous equipos trataban de refuxiarse nas súas defensas. No minuto 20 chegou a primeira acción decisiva: un balón longo mal defendido polo Zas e Sergio Antelo colleu ás costas á nosa liña defensiva, rematando no pao e no rexeite chegou o 1-0.

O Baio dominaba máis, e con minutos de boas asociacións. Pero tralo gol o Sporting daba un paso adiante. Pouco despois, á media hora, os visitantes reclamaban penalti nunha xogada de Dani Mato, do mellor do cadro zaseiro, que nesa mesma acción saía lesionado. Puido ampliar a renda Damián ao fío do desanso pero salvou Gulle.
Na segunda parte, o Zas a partir do cuarto de hora puxo un debuxo máis arriscado, pero sen grandes elaboracións, ante un cadro de Diego Lobelos ben agazapado. Tiveron unalgunhaha os de Rubén Forján e Alfredo Pereiro, como unha internada de Redondo que desbaratou cunha gran parada o porteiro do Baio, e mesmo voltaron reclamar un penalti sobre Salah que tampouco foi sinalado.
Tamén o Baio puido matar o partido nunha internada de Bruno que volve salvar Guille.
San Lorenzo - Muros (4-1)
- San Lorenzo: Mario, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi Pérez, Alex Costa, Manu Rod., Alex Vázquez Diego Varela, Iago e Riki. Tamén: Javi Souto, Dani Cotelo, Damián, Adrián, Alex Iglesias.
- Muros: Álvaro, Vara, Javi Pelos, Ra, Benji, Jesús, Tajes, Alex, Dani Jurjo, Juan oVello e Xabi. Tamén: Aitor, Quin, Iván, Ángel, e Jesús Rod.
- Goles: 1-0, m.25: Javi Pérez; 2-0, m.35: Riki; 3-0, m.70: Riki; 4-0, m.74: Javi Pérez; 4-1, m.84: Dani Jurjo.

Merecida vitoria ante un Muros que chegaba contando partidos por vitorias, pero que non se conseguiu adaptar en ningún momento ao céspede de As Pedreiras. Os de Iván Rojo estiveron moito máis agresivos e non permitían que os de Joaquín Quintáns e oVello conseguisen trenzar.
Estaba máis igualado ao comezo ata que Javi Pérez puxo o 1-0 no marcador. Pouco despois Riki anotaba o segundo para os locais, e así remataría a primeira parte do encontro.
Saía o Muros máis activo na segunda, pero a presión do San Lorenzo non deixaba xogar aos visitantes, tras varias ocasións sin éxito dos locais, de novo, Riki anotaba o terceiro e minutos despois outra vez Javi metia o cuarto. Nos minutos finais o Muros recortaba distancias e poñia o definitivo 4-1.
O Muros e a familia QPC envía moita sorte ao xogador carballés Riki, que sufría unha lesión no xeonllo que pode ser importante.

Monte Louro - Soneira (0-1)
- Monte Louro: Pedro, Rodri, David Pais, Oscar Fari, Héctor; Flavio, Abel, Xián, Javi, Íker e Josiño. Tamén: Xacobo, Chouza, David Lestón, Fabio e Martín.
- Soneira: Pity, Maikol, Adrián Canosa, Gusa, Brais Pereira, Iván, Pichi, Oreiro, Nico, Bieito e Sergio. Tamén: Brais Lema, Gabri, Javi Lema, Carlos, e Jesús.
- Goles: 0-1, m.55: Gusa.
Partido de moito traballo, con poucas ocasións, moi intenso, con moita disputa, ao que os de Josiño Abelenda chegaban con moitas baixas. Avisaba pronto o equipo de Bibi, nun roubo de Josiño que se planta só diante de Pity pero espera por Iker e un defensa despexa. Tivo que aparecer Pedro tamén nalgunha ocasión visitante.
Na segunda parte o partido decidiuse cun gol de Gusa a balón parado. A partir de aí, nos últimos 15 minutos o Monte Louro arriscou moito, obrigando ao Soneira a defender en bloque baixo e a sufrir, con ocasións claras como a vaselina que lle foi alta a Óscar Fari.
Xa contra o final o colexiado expulsou ao preparador físico soneirán, provocando que o colexiado parase o partido ata que saíse do campo. No Soneira preocupan ademais as lesións de Maikol e Jesús.
Mazaricos - Corme (1-1)
- Mazaricos: Isma, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Sergio, Raúl, Marito, Steven, Marcos, Kevin e Molinos. Tamén: Samu, Álvaro, Yeray, Yago Dosil e Fran Pose.
- Corme: Quique, Rubén, Aitor, Eloy Villar, Joashua, Xoel, Brais Pailos, Lucas, Teo, Yago e Isra. Tamén: Hugo Paredes, Borja Torrado, Samu Costa, Álvaro Sanz, e Xoel.
- Goles: 1-0, m.40: Kevin de penalti; 1-1, m.45+3: Lucas.
Está decatándose o Mazaricos do seu obxectivo este ano, que pasa pola salvación. Onte volveu ser inferior ao Corme sobre todo na segunda metade, pero conseguiu aguantar un punto, o segundo da temporada, ante un cadro cormelán que non puido contar co seu adestrador por un virus estomacal..
Cabana - Malpica (0-2)
- Cabana: Kelyan, Aarón Casas, Noe, David Rey, Ferreiro, Brais, Miguel, Blas, Xabi, Diego Castro e Simón. Tamén: Marcos, Julián, Hugo, Mateo e Pablo Pose.
- Malpica: Abdou, Anxo, Damián, Mario, Cristian Villar, Raúl, Luís, Cristian, Garci, Saydo, Chicha. Tamén: Aday Mato, Fran, Joel, Brais Calvo e Alberto Hombre.
- Goles: 0-1, m.41: Raúl tras unha falta lateral; 0-2, m.66: Saydo de penalti.
Segue sen sumar o Cabana, a antítese dun Malpica que conta partidos por vitorias. Foi un partido que comezaba moi disputado. Os de Óscar Mingui saían máis metidos, facendo dano polas bandas, obrigando a aparecer a Abdou en dúas ocasións. Pero antes do descanso, unha falta lateral de Luís con perigo na que deixa pasar Chica e confunde ao porteiro, e deixa para que Raúl remachase ao fondo da rede.
Comeza a segunda parte na que entraba o Cabana con todo, pero o Malpica, que tiña o vento a favor, demostraba a sua solidez defensiva e pouco pudo facer o cadro local para xerar perigo na porteria de Abdou. Ampliaba a renda Saydo de penalti coetido sobre el, sentenciando o partido.
A mellor nova, o regreso de Alberto Hombre no Malpica, tras un ano lesionado por un cruzado.
Xallas - Sofan B (2-0)

- Xallas: Iván Couto, Elvis, Peke, Yago Facal, Macareno, Doro, Dani Barbeira, Bryan, Rubén Blanco, Rubén Sande e Sergio Barbeira. Tamén: Martín, Alberto Jallas, Julián, Íker e Adrián Couto.

- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Christian, Rubén Porteiro, Asier, Mateo, Jonathan, David e Isma Ramos. Tamén: Eloy Cabeza, Dani Calvete, Nacho, Alex e Diego Rama.
- Goles: 1-0, m.52: Bryan; 2-0, m.90: Peke de falta.

Xornada especial en Fontenla que presentaba todas as categorías inferiores. Saían máis presionantes os de Doriño, pero o filial intentaban dominar, ante un cadro local máis intenso e efectivo. Quedaba con 10 o cadro xalleiro á media hora pola expulsión de Yago Facal ao facer falta sendo o último home.
Pero o equipo xalleiro creciuse, e a pesar de ceder a posesión aos carballeses, soubo aguantar sen sufrir demasiado. Marcou pronto Bryan, que estaba en todas partes, un dos mellores do partido xunto con Doro, omnipresente no campo, que mesmo estivo a piques de marcar. O filial intentouno pero non estiveron finos e apenas tiveron unha de Cristian que cortou ben un defensa. Xa contra o final, sentenciaba o partido Peke nunha falta na que un dianteiro molestou o suficiente ao meta visitante.

Ponteceso - Corcubión (3-3)
- Ponteceso: Darío, Adrián Pose, Pedro, Luca, Dani Rod., David Lema, Alberto Recarey, Javi Souto, Mendieta e Eloy Álvarez. Tamén: Brais, Ures, Juan Rey, Pedro Lema e Dani Castro.
- Corcubión: Bruno, Isaac, Andrés Vigo, Juan de Elvira, Mario, Dani, Antón, Samu Rama, Iago Lema, Luís Lojo, e Samu Trillo. Tamén: Castro, Íker, Martín e David Lojo.
- Goles: 0.1, m.3: Mario nun córner; 0-2, m.7: Isaac de chilena nun córner; 1-2, m.12: Iván Rod.; 1-3, m.38: Mario; 2-3, m.53: David; 3-3, m.91: Eloy Álvarez.
Saíu durmido o Ponteceso, que aos 7’ perdía 0-2 por dúas accións a balón parado do Corcubión (o segundo un golazo de Isaac de chilena). Acurtou xusto despois da mesma forma por medio de Iván e a partir de aí empezou a dominar o partido. Tivo varias ocasións o cadro de Jorge Guillamet, como un par de man a man e unha falta na frontal, todas elas repelidas por Bruno, que callou un verdadeiro partidazo. Con todo, á contra tamén avisaba o cadro de Ángel Ventanas e Isi, e Mario aproveitaba unha balón longo ampliou a vantaxe e unha indecisión local para deixar o 1-3, pouco antes de que os corcubioneses pedisen un penalti sobre Rama.
Nada máis comezar a segunda parte, quedou con 10 o Corcubión por unha agresión co xogo parado de Juan de Elvira, que protestou unha acción semellante anterior. Con 45 minutos por diante cun home máis, o Ponteceso comezou a percutir e pronto acurtou distancias cun disparo desde a frontal de David. Aparecía Bruno unha e outra vez, como a senllos mans a mans sacados a Eloy e a Luca, e tamén aparecía o traveseiro para aguantar o marcador. Pero foi xa superado o 90, cando nun córner empata Eloy Álvarez.
Aínda tivo no desconto un balón Iago Lema que petou no longueiro e botou (dentro para os corcubioneses) e mesmo o Ponteceso puido levar tamén os puntos.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.